lunes, 17 de febrero de 2014

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

CATEGORIA SEGUNDA REXIONAL

ATRACO A MAN ARMADA

Sporting Pontenova 1 - S.D. Guitiriz 3

Sp. Pontenova: Iago, Carlos (Fran), Manu, Rivas, Villi, Anxo, Ivan, Villaouruz (Tontxu), Keitas (Jorge), Garboso (Patxi) e Puente.

Gol: Anxo (min 30)


O partido entre o Sporting Pontenova e a S.D. Guitiriz, tivo un claro protagonista, o árbitro. Primeira parte igualada, onde o Guitiriz levou o peso do encontro pero sen ocasións claras. Sería o Sporting Pontenova quen sacaría partido nunha acción a balón parado, onde Anxo, tras un bo centro de Manu cabecea a Gol. Cando morría a primeira metade, o Guitiriz conseguia o empate nun gol en claro fora de xogo, que soamente o árbitro non viu. 


Na segunda metade mais do mesmo, o Guitiriz, levaba o peso do partido, pero o Pontenova saia con perigosas contras. No ecuador da segunda metade, unha falta en ataque do atacante Guitiricense convertese en penalti, algo inexplicable. O Guitiriz transformaria ese pana máxima. Faltado 5 minutos, un xogador do Guitiriz, controla e acomoda  o balon coa man, transformando a placer o terceiro. Xa no minuto 5 de desconto, o arbitro sinalaría un inexistente penalti a favor do Sporting, "para compensar" pero que de nada serviu, xa que o porteiro acertaba o tiro de Anxo. 

Un vez mais o terreo de xogo presentaba unhas condicions inadecuadas para a práctica do fútbol. 

O Sporting Pontenova entra na fase decisiva do campeonato. Na vindeira xornada o Sporting desplazase o Campo do Colista o S.D. Cervo. O partido terá lugar o sabado as 16:15h no Campo da Bidueira en Cervo. A expedición saldrá as 14:00h do Bar Puente.

CATEGORÍA XUVENIL

MOITA DIFERENZA FISICA NO ARTIFICIAL DA MAROSA

C.D. San Ciprian  10 - Sporting Pontenova 2 

Sp. Pontenova: Andrei, Cubelas, Alvaro, Borja, Adrian, Roi, Rodrigo, Bruno, Juan, Villarquide e Ovidiu. Tamen xogaron: Oscar, Pedro, Jose e Trulli.

Goles: Villarquide e Oscar


Moita diferencia fisica entre os dous equipos. Un C.D. San Ciprian moi superior non lle deu opción o Sporting Pontenova. 


Restan 2 partidos de liga para finalizar o campeonato, e o equipo está mellorando a pasos axigantados. A unidade do grupo está sendo a identidade deste equipo.

A vindeira xornada o Sporting Pontenova recibe na Mina as E.D. Lourenza. O partido terá lugar o sabado 22 de Febreiro as 16:15h na Mina. 

CATEGORÍA VETERANOS

BOAS SENSACIÓNS NA PRIMEIRA XORNADA

Cangas de Foz Veteranos 2 - Sporting Pontenova 1

Sp. Pontenova: Juan Cainzos, Carlos Sandonguero, Sachas, Barrera, Marino, Manolo Gavelo, Fidel Piquin, Ramon Tren, Juanfri, Ramon Xudan e Legion. Tamen xogaron: Dario, Nihat, Pablo Xinzo, Oscar Freitas e Lopez.

Gol: Legión


Primeira xornada da Liga do Norte de Veteranos, o Sporting Pontenova non puido estrenar o seu casilleiro de puntos. Adiantabase na primeira metade mediante un gol de Legion que acabou de meter un defensa en propia porta. Na segunda metade o equipo, co vento en contra sufriu moito e non soubo manter a renta, encaixando o definitivo 2-1 nos minutos finais.


Na vindeira xornada o equipo desprázase a Barreiros para enfrontarse os Veteranos de Barreiros no fin de semana do 1-2 de Marzo. 


¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.