martes, 23 de diciembre de 2014

Cena Comisión de Festas de Outubro 2015

Esquela funeral Jaime Ron García "Casa Caramocho - Vilarxoane"


SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA


SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7

MEIRA C.F. - SP. PONTENOVA

Sp. Pontenova: Rubenón (Juan), Puente, Bruno, Anxo, Villi, Luismi Rivas, Ivan Fdz (Jorge), Fran (Venancio), Tontxu (Keitas), Garboso (Villaoruz) e Adrian Pasarín.


Goles: Anxo, Tontxu II, Puente e Jorge


Importante partido o que tiña o equipo gualdinegro esta xornada. Desprazábase o Campo da Lomba en Meira para enfrontarse o equipo local que viña de gañar o seu primeiro partido nada temporada. O equipo dirixido por Dani Moirón levaba 7 encontros sen coñecer a victoria, metido nunha crise de resultados que era necesario cortar, para poder asentarse na zona cómoda da clasificación. 


O partido comenzou ben para os intereses pontenoveses, con Anxo marcando no minuto 5 a saída dun córner. 

Tontxu, protagonista do partido con dous goles
A igualdade establecíase no partido con algunha chegada perigosa do Meira, que chegou a estrelar un balón no pao, antes de que Tontxu ampliara a ventaxa co 0-2 e antes do descanso co 0-3.

Na segunda metade, o equipo visitante controlou o partido, sentenciando o partido por medio de Puente logo dunha boa xogada combinativa e finalmente Jorge, que a pesar de sair dende o banco foi un dos protagonistas do partido cerraba a conta goleadora cun bonito gol.

Dende aquí queremos agradecer o Meira C.F. as facilidades que nos deron para invertir o orde de campos polo mal estado do Campo da Mina, xa que era probable que o partido non se disputase si tivera que ser na Pontenova.

O vindeiro partido será o sabado 10, as 16:00h no Campo da Mina, no que será o comezo da segunda volta.

¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.