lunes, 9 de enero de 2017

I OPEN PÁDEL CONCELLO DA PONTENOVA

Durante esta Fin de Semana disputouse na Pista Municipal de Pádel da Pontenova, de recente contrucción o I OPEN DE PADEL CONCELLO DA PONTENOVA, que reuniu a 21 parexas durante 3 dias de intenso pádel. 

Finalmente en categoría absoluta serían Felix  e Rubén os gañadores logo de impoñerse nunha reñida final a Lito e Hector.

Na fase de consolación, serían Gene e Legión os gañadores, impoñendose na final a Sandra (única muller participante no torneo) e a Héctor.

Na xornada do Domingo, como anteceso as semifinais e final, houbo un partido de exhibición de 4 xogadores que están entre os mellores da nosa zona. 


Campeóns
Sub-campeóns
¡Noraboa!

Esquela funeral María Rodríguez López "Casa Plazuelo - Villaodrid"

Clic para ampliar

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

MONDOÑEDO F.C. 1 - SPORTING PONTENOVA 2


Sp. Pontenova: Rubenón, Luis, Davicín, Hector, Tontxu, A. Bouza (Borja), Roi, Carlitos, Jorgin (Puente), Pasarín e Matelo (Fran).

Goles: Davicin e Roi

Roi Campos. Marcou o gol decisivo
O Sporting Pontenova conseguiu unha importante victoria na súa visita ao Campo da Viñas da Veiga (Mondoñedo). Comezaban mas as cousas para o equipo gualdinegro que vía como un dos seus referentes, Andrés Bouza, resentíase dunhas molestias musculares e tiña que abandonar o campo no minuto 10. O equipo, lonxe de virse abaixo, loitou con mais forza e unidade. Na primeira metade, que terminaría sen goles, houbo dominio alterno e ocasións repartidas, algunha máis clara quizas para o equipo local.

Na segunda metade o equipo de Dani Moirón, sabedor da importancia de gañar se quere continuar nos postos de privilexio da táboa clasificatoria, saiu a por todas e froito deso, no minuto 67 Davicin perforaba a meta mindoniense logo de rematar a rede un bo centro tras xogada persoal de Adrian Pasarín que establecía o 0-1 no marcador. A raíz diso o Sporting seguiu empuxando para tentar cerrar o partido pero nin Puente, nin Carlitos nin Adrian Pasarín nin Matelo estiveron acertados de cara a gol e froito diso cando o partido chegaba ao seu fin, nunha contra ben levada polo equipo local, establecianse as táboas no marcador, no minuto 87. O Sporting, que fora moi superior na segunda metade, adiantou liñas, lanzaouse a por todas e no minuto 94 Roi Campos levaba a ledicia a bancada gualdinegra, establecendo o definitivo 1-2.
Xornada 16

Con este triunfo o equipo da Mina segue lider, con tres puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado a falta de 14 xornadas para o remate da competición. 

Destacar o gran número de xiareiros visitantes que se desplazaron nunha fria tarde de inverno as Terras de Miranda, que lle fixeron sentir ao equipo como na casa. 

A vindeira xornada visitará o Campo do Mina a S.D. Muimenta, nun partido que terá lugar o Sabado as 16:00h. 



PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SPORTING PONTENOVA 5 - S.D. RESIDENCIA "B" 2

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Juan, Alvaro, Fran, Roi, Neira, Mateo, Cubelas, Marcos e Ivan. Tamen xogaron: Andrei, Joselu, Pedro, Dani e Anxo.

Goles: Roi II, Andrei, Joselu e Cubelas


¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.