lunes, 9 de enero de 2017

I OPEN PÁDEL CONCELLO DA PONTENOVA

Durante esta Fin de Semana disputouse na Pista Municipal de Pádel da Pontenova, de recente contrucción o I OPEN DE PADEL CONCELLO DA PONTENOVA, que reuniu a 21 parexas durante 3 dias de intenso pádel. 

Finalmente en categoría absoluta serían Felix  e Rubén os gañadores logo de impoñerse nunha reñida final a Lito e Hector.

Na fase de consolación, serían Gene e Legión os gañadores, impoñendose na final a Sandra (única muller participante no torneo) e a Héctor.

Na xornada do Domingo, como anteceso as semifinais e final, houbo un partido de exhibición de 4 xogadores que están entre os mellores da nosa zona. 


Campeóns
Sub-campeóns
¡Noraboa!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.