Por: MARTA VEIGA Fotos: SEBAS SENANDE
EL PROGRESO
Último testigo: Ángel Rivas naceu en Eirexúa, no municipio
da Pontenova, e vive en Orxás, na Pastoriza. É o único narrador oral
galego que participa no proxecto ‘La memoria de los cuentos’, que
recolleu sete testemuñas dende Cáceres a Menorca.
a polavila da pontenova.
Na
casa da polavila había unha lareira.
«Sabedes como eran? Non
eran coma as cociñas económicas
estas», relata, mentres sinala as
roldanas de ferro que ten diante
de si. E segue. «Ás polavilas, aquí,
na zona da Pastoriza, chámaselles
ir á rúa».
«Uns xogaban á baralla, outro
tocaba unha frauta, tocábase a
pandeireta e botábanse un baile...
». E logo estaban os contos.
Os contos que o neno Ángel Rivas
escoitaba dos vellos e aprendía á
velocidade do raio e sen que llos
tivesen que repetir dúas veces.
Logo empezou a contalos el, ao
seu xeito. «Nunca digo un conto
dúas veces igual, non me ten
graza. Se o repites sempre ao pé
da letra e como se leses un conto
escrito e isto que fago eu é outra
cousa distinta».
Os veráns na Pontenova non
eran tan propicios para os contos
coma os invernos de lareira. Nos
meses do estío, os días son grandes
e hai moi traballo por fóra: segas,
medas, mallas, as patacas...
«E logo, as festas todas».
O narrador bota de menos
como, nas aldeas, ían os mozos
e as mozas todas xuntos ás festas
dos redores. «Alí, xa facía cando
un o que quería e ía ao seu aire».
Non había outro transporte cas
pernas de cadaquén, ou algunha
besta. Nin estradas había e estaban
feitos unha mágoa os camiños,
«porque as rodas de ferro dos
carros ían roendo neles e estragábanos
».
Ata unha bicicleta era un acontecemento.
A primeira que viron
os de Xudán foi a que comprou o
maestro. «Non podiamos entender
como se sostiña sobre esas rodas
e eses arames... e como ía alí
subido! Se parecía un xeneral!!»,
rememora.
E faino con mestría de contacontos.
Con prosodia e técnicas
narrativas que non aprendeu
en ningunha escola, pero que
lle din con exactitude que é iso
de manter a atención e cando é
o momento de facer unha pausa
para deixar o público con gana
de máis.