martes, 10 de mayo de 2016

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

EQUIPO SENIOR

TRINTAEDOUSAVOS DE FINAL COPA DIPUTACIÓN DE LUGO 2ª E 3ª AUTONÓMICA


CELTA BARREIROS 0 - SPORTING PONTENOVA 5

Sp. Pontenova: Ruben, Alex (Luis), David, Mac, Villi, Jorge, Jorgín (Tontxu) , Keitas, Puente (Nabriga), Pasarin (Couxela) e Moro.

Goles: Moro II, Pasarín II e Puente.

O Sporting Pontenova conseguiu traer un bo resultado do partido de Ida dos Trintaedousavos de Final da XXXIII Copa Diputación de Lugo. 

Era favorito o equipo gualdinegro ante un rival de inferior categoría, e non defraudou. Moro e Pasarín  en duas ocasións e Puente foron os autores dos goles.  Destacar tamen a actuación do meta Rubén, que parou unha pena máxima e un claro man a man do equipo local.

Keitas, en xogada persoal



A pesar da renta que trae o equipo, o equipo afrontará o partido de volta sen confianzas. 
É un bo dia para acudir en masa ao Campo da Mina, para reforzar as relacións entre equipo-siareiros logo da gran temporada que está a realizar o equipo. 

A volta desta eliminatoria será, Domingo 15 as 17:00h no Campo da Mina. 


EQUIPO XUVENIL

PREVIA DA COPA DIPUTACIÓN DE LUGO. GRUPO 1

SAN CIPRIAN 4 - SPORTING PONTENOVA 3

Sp. Pontenova: Mateo, Dani, Pedro, Alvaro, Anxo, Fran, Roi, Borja, Andrei, Ivan e Nabriga. Tamen xogou Marcos 


Goles: Roi II e Fran 

EQUIPO ALEVÍN

FASE FINAL CONSOLACIÓN COPA F-8

S.D.C. MILAGROSA "B" 2 - SPORTING PONTENOVA 3

Hat-Trick
Sp. Pontenova: Raúl, Alex, Ivan, Xacobo, Iago, Nerea, Jesús e Kevin. Tamen xogaron: Marquitos, Mario, Miguel, Paula e Leandro. 

Goles: Alex III

Bo resultado o que trae o equipo Alevín da súa visita ao Luis Gorgoso. Logo de ir perdendo por 2-0, o equipo dirixido por Xose Miranda conseguiulle dar a volta ao marcador co actuación estelar de Alex, autor dos tres goles. 

¡AÙPA SPORTING!

Albións A Pontenova campeóns absolutos por equipos no Maratón de Ginebra


Este domingo pasado celebrouse a VII Maratón de Ginebra (Suiza) a donde acudiu o equipo da Sociedade Deportiva Albións de A Pontenova, formado nesta ocasión por Bruno Bouza, Rubén Ron, Ramón Fernández e Santiago Coladas. Nun día moi caluroso pouco habitual por esas terras os 4 atletas foron quenes de alzarse co primeiro posto absoluto por equipos.


Agradecer a Dental-Eo, O Lar de Manolo e Hipo-Web a súa colaboración xa que aportaron a equipación que os atletas utilizaron durante a proba. 

Festas en Soutodemogos 2016

Recordatorio: Dalle a "Comparte" en Facebook

Desde Pontenova.es seguimos co desexo de chegar cada día a máis xente. Nos controles periódicos que facemos estamos observando que dun tempo a esta parte a mayoría das visitas ós contenidos da web as facéis desde os enlaces da página de facebook de pontenova.es e tamén vemos que o número de visitas das noticias sube exponencialmente cando son compartidas nos muros de facebook vosos.
De ahí que vos pidamos ese favor, que de ahora en adiante lle deis a compartir ás cousas que vayamos publicando para que cada vez sexamos máis os que disfrutemos da web. Con ese simple xesto fareisnos un favor moi grande. Gracias pola vosa colaboración.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.