lunes, 18 de marzo de 2013

Esquela funeral Rufino Cancio Bragueiras "Casa D´Agosto - Folgueirúa"


Preto de 10.000 rapaces de 96 colexios de Lugo conmemorarán os Días da Árbore e da Auga coas actividades da Deputación


Sonsoles López Izquierdo anunciou os actos programados para os días 21 e 22 de marzo en 96 centros escolares de 64 concellos, nos que tamén participarán máis de 1.300 mestres
Entre as actividades destacadas están a lectura simultánea do libro de contos Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares e a plantación de 100 bidueiros no entorno de todos os colexios
Os centros que decidiron sumarse recibirán de xeito gratuíto un libro por alumno e unha árbore para celebrar estas actividades financiadas con fondos propios da Deputación
O respecto ó medio ambiente e o coñecemento e valoración das Reservas da Biosfera, especialmente nesta edición a de Ancares, son os obxectivos fundamentais desta iniciativa

Maratón de Barcelona.

Excelente participación da S.D Albións na maratón de Barcelona

Xa se comeza a establecer como unha tradición a participación dos Albións e riguiletes na maratón de Barcelona. E o Domingo 17 de Marzo celebrouse unha nova edición co concurso de Santi Coladas, Miriam Rivas, Rubén López (de Eugenia) e Suso Mon, galego-catalán grande amigo d@s riguiletes que viviron en Barcelona.

A actuación volveu ser absolutamente solvente. Santi Coladas marcaba 3h14:49 quedando 1687 na clasificación xeral, con case 15 mil atletas que chegaron á meta. Mención especial merece outra vez máis a brava Miriam Rivas, que marcaba 3h24:47, baixando o tempo do ano pasado en 40 minutos e quedando 26ª na súa categoría, nunha proba de carácter internacional.

Pola súa banda Ruben López (Rubén de Eugenia) facía un tempazo de 3h40:28, na súa primeira participación na maratón barcelonesa. E o grande Suso Mon, facendo gala da súa sabiduría fondista, facía 3h57:33, baixando das 4 horas tal como prevía.

En definitiva nova festa da familia albións e riguilete...a camisola verde ca Pontenova estampada volveu a aparecer polas rúas de Barcelona nesta mítica e impresionante proba onde a vontade de superación e o tesón son a clave.

Parabéns, atletas!!!

Ademais, o riguilete afincado en Palma de Mallorca Fernando Morado correu unha dura proba de montaña na serra da Tramuntana, a Pujada als Tossals Verds, de 23 esixentes quilómetros, acabando a competición en 3h48min. Parabéns tamén para el!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.