SEGUNDA AUTONOMICA REXIONAL
SDR SACIDO 1 - SP. PONTENOVA 2
O EQUIPO DE DANI MOIRÓN ASALTA O MUNICIPAL DE VIVEIRO
Sp. Pontenova: Rubenon, Carlitos, Arango, Bruno, Villi, Anxo, Ivan Fdz, Jorge (Roi), Keitas (Caseto), Tontxu e Adrian Pasarin.
Goles: Tontxu e Anxo

Presentabase un dificil reto traer os tres puntos, o equipo tiña problemas para completar a convocatoria polas baixas de Juan, Venancio, Maketo, Luisin, Fran, Villaouruz (Motivos persoais), Garboso (Lesión) e Puente (Sancion), polo que entraron na convocatoria os xuvenís Rodrigo e Roi.

A segunda metade non puido comenzar de peor maneira, os 8 minutos o Sacido empataba o encontro, logo dun fallo de marcaxe na zaga visitante.
O equipo lonxe de virse abaixo, conseguía volver adiantarse no marcador no minuto 25 por medio dun cabezazo de Anxo. Pero no min 30 da segunda metade Bruno resultaba expulsado por doble carton amarelo. Dende ahi ata o final, o equipo sufriu moito pero conseguiu traer o botin nunha das saídas mais dificiles da temporada.
PRIMEIRA AUTONOMICA XUVENIL
SP. PONTENOVA 1 - U.D. PASTORICENSE 5

Gol: Roi
O equipo xuvenil non puido cun superior Pastoriza no Campo da Mina. O conxunto adestrado por Andres Bouza viuse superado por un equipo visitante con maior fisico.
¡AUPA SPORTING!