domingo, 6 de febrero de 2011

Empezarán a traballar, como data límite, o 1 de marzo


Os aspirantes a conseguir un emprego residentes nos concellos mariñanos que teñen menos de cinco mil habitantes ou con menos de 500 parados xa pasaron as primeiras probas. Desde a Deputación informan que éstas se desenvolveron no polideportivo Antonio Tarrío de Viveiro, ao que asistiron os aspirantes de Xove, Ourol, Muras e O Vicedo; no pavillón do instituto de Burela realizaron os exames os demandantes de Cervo, Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro, e no CIT de A Pontenova os aspirantes deste municipio, de Barreiros e de Trabada.

As persoas que resulten finalmente seleccionadas para participar no Plan Lugo Emprega estarán traballando nos concellos, como data límite, o 1 de marzo. Desde a Deputación lembran que asumirán o 100% dos custes salariais, ata os de indemnización pola finalización do contrato. Neste sentido, insisten en que o plan non incrementa a débeda pública da Deputación, xa que está financiado con fondos propios.
Caso de Foz
Foz será o último concello en pechar o prazo de rexistro das solicitudes das persoas interesadas en participar neste programa. Neste concello o prazo conclúe mañá ás 14.00 horas. O rexedor xa avanzou que o Concello publicará a relación dos solicitantes o martes 8 no taboleiro de anuncios e na páxina web e se divulgará a través da emisora municipal.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.