domingo, 14 de marzo de 2010

SPOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOORTING........!!!!!!

C.D. COSPEITO 0 - SPORTING PONTENOVA 4
Goles: Matelo II, Christian e Roxo.
O equipo líder, no defraudou na súa visita o "Campo do Pichón" en Muimenta, onde xogaba como local o C.D.Cospeito. Nunha maña marcada polo estado recasoso dalgún dos membros do plantel, o equipo planteou un encontro serio, no que so valía sacar os tres puntos para aproximarse máis o título ligueiro. Con baixas importantes, e algunha rotación por parte do técnico da Mina, o equipo non pasou problemas e soubo resolver ante un equipo, en todo momento inferior.
A próxima semana será clave para as aspiracións sportinguistas. O venres, aproveitando a festividade de San Xosé, o equipo desprázase o Campo dal Valgas, para medirse o colista do grupo, o Iberia C.F. as 11:30h. Posteriormente o sábado, recibirán no Campo da Mina, o poderoso E.D. Lourenzá, que está na pelexa por conseguir un posto que lle permita disputar a fase de ascenso a Liga Galega. Os de Dani Moirón, de non perder ningún dos dous enfrontamentos, poderían cantar o tan ansiado"alirón" o sábado diante dos seus aficcionados, a falta de tres xornadas para o remate ligueiro.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.