domingo, 8 de abril de 2012

Licencias de obras.....

O Partido Popular de A Pontenova ante as graves declaracións vertidas nos medios de comunicación polo Concelleiro de Obras, Urbanismo e Persoal e 2º Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, quere poñer de manifesto que non comprende  esta postura de ataque persoal e directo, é máis, realmente desde o PP de A Pontenova consideramos que si o equipo de goberno reacciona de esta forma, só enfangando, calumniando  e descalificando aos concelleiros do Partido Popular, incluso chegando a poñer en boca do concelleiro Francisco Lombardero palabras que nunca dixo, será porque non ten argumentos políticos para defenderse e sabe que o Partido Popular ten a razón e que mentras unhas licencias de obras se tramitan en escasamente un mes, outras tardan un ano ou máis en tramitarse. Ademais, este concelleiro, que non é a primeira vez que falta á verdade na prensa coas súas declaracións, non debe olvidarse que entre todos os pontenoveses lle pagamos un soldo cada mes para, entre outras obrigas, cumprir a lei e facela cumprir, polo que si é coñecedor dalgunha irregularidade ten a obriga de solventala.
Finalmente, queremos manifestar que é caer moi baixo por parte do equipo de goberno intentar “demonizarnos” fronte ao persoal municipal, porque eles limítanse a facer o seu traballo pero, Quen establece as prioridades, en definitiva, quen manda no concello: o persoal ou os políticos? 
Noticias relacionadas: 
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.