lunes, 24 de marzo de 2014

II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS


A II Carreira popular das praias celebrarase o 17 de maio de 2.014, con circuitos infantiles e adultos.
Inscripción gratuita. Prazo límite 14 de maio.

¿Onde é a carreira? A zona de saida e meta estará ubicada en Punta Anguieira - San Bartolo - Barreiros - Lugo.
A carreira será moi similar á I edición. Un dos cambios máis importantes estatará nos percorridos infantiles, que nesta edición tamén serán po-la area, na praia de Altar.
Outra novidade será a inclusión dunha categoría por parellas, con premios para a 1ª parella masculina, 1ª feminina e 1ª mixta.
As carreiras infantiles serán a partir das 11 h. e a carreira adulta a partir das 12.30 h.
A entrega de trofeos e sorteos será a partir das 13.45 h.
Haberá avituallamento líquido e sólido, agasallos e sorteos para os participantes. 
Os acompañantes tamén poderán degustar uns pinchos que nos ofrecen os nosos colaboradores.
O día e horarios establecidos non son escollidos de forma caprichosa. Nosoutros temos que contar coa natureza e dependemos das mareas para poder levar a cabo esta carreira. Dependemos por un lado de que a marea baixa coincida nun horario adecuado e por outro lado de que o coeficiente da marea sexa o suficientemente elevado para que a marea baixa permita celebrar a carreira con toda-las garantías. De ahi que o día óptimo para o evento sexa o 17 de maio.
No seguinte enlace podemos ver un mapa onde se indica a zona de saida-meta e os restaurantes e hoteles colaboradores coa carreira.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.