Somos a Asociación Cultural e Deportiva “AS MINAS” e
dirixímonos a vos co obxectivo de informarvos de varias novas.
A primeira delas é a confirmación dunha nova directiva na
que destaca tanto a inclusión de varios
membros como a marcha doutros que a estaban a formar. A principal baixa é a de
Daniel Veiga López “Plenario”, presidente e fundador da Asociación e que despois
de 8 anos viuse obrigado a renunciar á mesma debido a motivos laborais.
No apartado de “fichaxes” para a nova directiva chegan
Francisco Louzao Puente, Santiago Coladas-Guzman García, Lucía Lastra Quintela
e o regreso de Miriam Rivas Lozano.
Por iso, e despois de varias reunións, a Asociación queda finalmente constituida por:
- Luis Miguel Rivas Lozano ( Presidente)
- Manuel Miranda Acebo (secretario),
- Avelina Carballal Pedrosa (Tesoureira),
- Anxo Ginzo Camino (Vocal)
- Miriam Rivas Lozano (Vocal)
- Francisco Louzao Puente ( Vocal)
- Santiago Coladas-Guzmán
García (Vocal)
- Lucía Lastra Quintela (Vocal)
Outra das novidades é que a Asociación comeza con aires e
ilusión renovadas, e de feito que un dos
principais obxectivos é a obtención dunha masa social maior por parte dos
veciños do pobo. Para iso, voltaremos a
contar coa posibilidade de facerse socio da Asociación, cun custo reducido de 10 euros, cantidade que se verá mermada polos
descontos que se lles realizará nalgunha das
actividades que levaremos a cabo durante o ano.
Por último, gustaríanos
recordar que o principal fin é publicitar o noso pobo ademáis do fomento de acontecementos culturais como o Festival das Minas que xa vai pola 8ª edición. Para iso
necesitamos a colaboración e a implicación da maioría de todos vos, para que
todos xuntos tratemos de facerlle medrar ó pobo.
Un cordial Saúdo.