jueves, 19 de septiembre de 2013

PP de A Pontenova denuncia o incumprimento da Deputación en servizos sociais posto que só aporta un 9% do que custa o Servizo de Axuda no Fogar

• Os populares manifestan que dos máis de 18.000 euros que supón o Servizo de Axuda no Fogar no concello, o ente provincial tan só achega 1.774 euros 

• Jorge García agarda que o rexedor de A Pontenova, Darío Campos, se posicione a favor dos intereses dos cidadáns e non dun goberno provincial que incumpre cos veciños deste concello


A Pontenova 19 de setembro de 2013. O voceiro do PP no concello de A Pontenova, Jorge García, denunciou esta mañá o incumprimento por parte da Deputación Provincial de Lugo cos veciños de A Pontenova en materia de benestar.

Porén, os populares, levarán á sesión plenaria do vindeiro xoves, unha moción, esixíndo ao Ente Provincial, que cumpra coa normativa vixente en materia de servizos sociais, e que achegue os recursos precisos para o financiamento dos gastos íntegros do servizo de axuda no fogar básico e para a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.

Jorge García denunciou que a Deputación de Lugo incumple con este concello mariñán posto que tan só aporta o 9% do que custa o servizo de axuda no fogar.

“Dos máis de 18.000 euros que supón o Servizo de Axuda no Fogar no concello de A Pontenova, o ente provincial tan só achega 1.774 euros”- denunciou o popular.
O voceiro popular agarda que o rexedor socialista, Darío Campos, e o BNG, se posicionen a favor dos intereses dos veciños de A Pontenova e non dos seus homólogos na Deputación de Lugo, que o único que fixeron foi tomar unha decisión totalmente inxustificada.

“Non entenderíamos que o señor Campos optase por defender unha decisión insensible e partidista, que conleva consecuencias totalmente negativas para os usuarios deste servizo, antes de demandarlle aos socialistas e nacionalistas na Deputación que cambien esta decisión”- conclúe.
Nota enviada por PP A Pontenova.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.