domingo, 23 de mayo de 2010

LECER NA PONTENOVA

A "Era do Cemento" foi un gran invento para a construcción pero, para a estética e bo acollemento a xente de apé de a Pontenova e visitantes non podemos decir o mesmo, ¿canto botamos de menos a alameda que habia por a feira, a beirarrua chea de árbores que se veia na foto de ayer na carretera de Taramundi, as árbores que habia na praza do concello, a antiga vía e, xa non digamos a estación do tren (ahi so me permito un inciso pois imaxínome os pros e contras de manter en pe a misma inda que hoxe en día seria un grandísimo impulso para o turismo si estibera conservada e xa non digamos con un tren diario a Ribadeo ida e volta por a mañan e por a tarde, teríamos un atractivo turístico e seguramente un montón de visitantes que agora non temos por non saber ou querer manter o que tíñamos), permítome opinar inda que me arrisque a outra malleira de críticas xa olvidadas por dar o pracer a quen o sabe valorar de ver un anticipo de A HISTORIA DA PONTENOVA EN FOTOS, seria un soño voltar a ver un aspecto semellante ó de antes a feira, ou a praza do concello chea de céspede e árbores para ensombrar uns banco debaixo deles, lomenos daría un bo aspecto os viandantes e sombra no verán en vez de ser un monton de metros de cemento sobre os que se podería aparcar lomenos quen vai facer dilixencias o concello, ou mismamente o aspecto de antes que tiña o río, e curioso, botamos a faltar árbores e zonas verdes no pobo e sobran a centos a veira do río que seguramente dende que rematen con toda a sua riqueza e beneficios A Pontenova, empezarán a cortalos, algo parecido o que pasou co "peixe" i eso inda non é o peor, ojallá me engane pero si as cousas non cambian (cousa anormal ultimamente), coas obras do río tiraramnos o que hoxe en día e a árbore mais emblemática do pobo e non éstá ensombrando o Eo precisamente.
Tómeime esta libertade de opinar pois o ir a publicar a foto na que vemos a Conchita de Pedro e a "Pastora" de Ribadeo (a pescadeira que anunciba voz en berro "HAY QUE VIVOOOOOO") xunto coa parada de taxis (non sei si de Pepe de Luis, Cosme ou Manolín) non considero unha ofensa a ninguén, fai muitos anos que penso o mesmo, síntome un enamorado mais do meu pobo e non mostro acritude política ningunha pois fai muitos anos da "era do cemento" e si una OPINION ou critica constructiva e todo o que sexa en pos do noso pobo penso que tá ben faigo quen o faga, aparte de que posiblemente rebertería na beleza ou encanto do noso pobo.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.