domingo, 23 de mayo de 2010

Camiño de Santiago. Etapa #5 - San Román da Retorta - Melide

Faltan uns 50 kms aproximadamente para chegar a Santiago...e restando! Polo menos xa chegamos á provincia da Coruña, cousa que anima bastante porque xa case parece que podemos ulilo. Hoxe foi unha xornada na que o sol apretou bastante, razón pola que comezaremos a andar en Melide o próximo día ás 8 da mañá en lugar das 8:30 como estaba previsto. Recordade que a próxima etapa é o día 6 de xuño (o próximo domingo de feira na Pontenova) e o bus sairá dende a Praza dos Fornos, coma sempre, pero esta vez ás 6:30. Así, comezando a camiñar antes daranos menos o sol e iremos máis a gusto.
Así que nada máis. Ánimo, que falta pouco!
Para ver as fotos pinchade na imaxe.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.