lunes, 1 de agosto de 2016

Entrevista a Guillermo Cancelo (Director da Escola de Teatro de A Pontenova)

Entrevista realizada por Santi Coladas.

Guillermo Cancelo (1.968)
(Si ves esta noticia desde Facebook dalle a compartir e axudarasnos a que teña máis difusión. Gracias).
Aquí vos deixamos cunha pequena entrevista a Guillermo, director da Escola Municipal de Teatro de A Pontenova a quen lle queremos agradecer desde pontenova.es a súa absoluta disposición a colaborar co noso blog.


Canto tempo fai que estás dirixindo a escola de Teatro da Pontenova?
Pois este foi o 4º ano dirixindo a escola e si non recordo mal comezamos no ano escolar do 2012/13

Cales foron os principais inconvintes que atopache nos inicios desta andadura?
Sinceramente non podo dicir que atopei problemas, máis ben todo o contrario. No seu momento presenteille o proxecto a Dario Campos e el mesmo se preocupou persoalmente  de traballar para que esta proposta poidese saír adiante,  que para min é  o momento máis critico.

Cando arrincan as clases,  teño moita fe en que o proxecto poida funcionar, xa que intento
que estas sexan o máis divertidas posibles para que eses primeiros momentos de dúbidas, indecisións, medos, pasen canto antes e do xeito máis relaxado posible. A partir de ahi, xa aparece a  necesidade de facer teatro, de repetir,  de disfrutalo de novo, iso xa garante que o propio proxecto se consolide.

Para min e un agasallo, que os alumnos cando comezan poñan toda a súa confianza en min para vivir esta experiencia, este viaxe que é non so para facer teatro, senón tamén  compartir experiencias, colaboracións, responsabilidades, obligacións e por suposto ser respectuoso  cos demais, un traballo de grupo onde todos aportamos.

Como definirías a evolución dos nosos veciños (actores) durante estos anos?

Creo que a vista está,  logo de 4 anos e 4 propostas teatrais presentadas o remate do curso. Ata de agora, levamos 3 comedias e un drama, o primeiro ano quizáis o Blue Island, foi un espectáculo máis sinxelo (normal, era a primeira peza e para moitos o primeira ocasión de facer algo diante do público, e iso ten o seu peso e a súa dificultade)
Logo os espectáculos foron evolucionando é ca montaxe A HORTA DAS CERDEIRAS  demos un paso adiante sen dúbida.

De todas as obras representadas (A Horta das Cerdeiras, Do Píldaro á Cubana, Blue Island, etc,etc...) de cal delas te sintes máis satisfeito como director de teatro?.

Sinceramente de todas elas, cada unha chegou nun momento determinado e creo que cando tiña que ser. Evidentemente unha peza como DO PILDARO A CUBANA, orixinal, creada por nos mesmos, ten un valor engadido, esa peza e orixinal, nosa e tamén para os veciños da Pontenova, con iso xa queda todo dito.

Na Pontenova sempre conseguides encher a tope a Casa da Cultura, cousa pouco habitual en concellos deste tamaño, ¿Como conseguisteis conectar tan ben e tan rápido co público local?.

A verdade que os alumnos, veciños da Pontenova e coñecidos, pois xá supoñen un tirón inicial importante para que amigos e familiares se acheguen a ver as nosas propostas teatrais, pero queda claro que si os espectáculos non respondesen as espectativas do público non teriamos ese número de seguidores que sempre temos. Eu sempre que teño a oportunidade de falar sobre a Escola Municipal de Teatro de A Pontenova, poño como exemplo ese público incondicional que temos. Coidalo co noso traballo e o noso reto.

A nivel máis persoal, como foron os teus inicios no mundo da interpretación?

Pois a miña formación ten máis que ver co mundo técnico, son realizador de TV e un día decidín dar un paso e marchar cara a Barcelona para comezar a formarme como actor, foi unha decisión totalmente instintiva, daquela xa tiña 25 ou 26 anos, comecei a formarme en estudios primados de actores cataláns, no Colegí del Teatre e teño que dicir que moi pronto xa comecei a traballar no teatro profesional catalán ou en series de TV3 “Estació de Enllac”,  “Joc de viure” con Leticia Sabater nun programa infantil que facía para a TVE, etc. Por certo teño que dicir aquí que no ano 2000 formei parte do reparto dun espectáculo teatral que pechaba o mítico Teatre LLiure, un dos singulares teatros públicos europeos, ese espectáculo non era outro que L`HORT DELS  CIRERERS ou en galego A HORTA DAS CERDEIRAS.



En que escola/universidade/academia te formache?

Como che dicía antes,  en distintos obradoiros con profesionais de Barcelona, El Colegi del Teatre, Escola El Timbal, e logo xa en Galicia, na USC “Especialista en Estudios Teatrais” e diversos obradoiros intensivos, con profesionais nacionais e internacionais, recentemente, en xuño pasado fixen cun curso de interpretación cinematográfica en Santiago con AISGE do que son socio, ca directora Uruguaia Maname Rodríguez, con isto quero dicir que a formación dun actor e constante.

En que proxecto teatral ou de cine, TV, traballache que che reportasen máis éxito?
Evidentemente Rías Baixa para min foi un proxecto importante na miña vida, porque tiña un personaxe protagonista que fai que podas darte a coñecer, pero importantes son todos aqueles papeis que fas ca mellor das intencións e dando todo o que ti tes, esa forma de facer as cousas son as que te levan a novos retos.

Que proxectos tes en mente a corto plazo?.

Pois acabo de chegar de Santiago onde fixen o OFF ”texto sobre as imaxes”  do filme “NO DUERMAS MAS”  un proxecto de xénero dramático e documental rodado entre Uruguai, en alta mar  e Galicia. Esperamos que se poida estrear no 2017. En breve se farán  os axustes de son en Londres e a composición musical estase facendo en Milan, todo con moi pouco orzamento, estase levando adiante ca colaboración desinteresada de actores e técnicos para que isto poida sair adiante.

Por outra parte espero coñecer en breve, esta mesma semana,  antes de que remate xullo, supoño. Si formarei parte do reparto dunha produción moi ambiciosa para a TVE que se chama EL FINAL DEL CAMINO. Un proxecto en torno os reinados cando se estaba a facer a catedral de Santiago no seculo XII. Sen dúbida o proxecto dramático televisivo máis ambicioso levado a cabo en Galicia e case que me atrevería a dicir, da propia TVE. Rodarase en Galicia case integramente, ademais de Toledo, Sevilla e Marrocos.

Xa para rematar, podíasnos contar algunha anécdota ou curiosidade que che acontecese dende que dirixes a escola de teatro municipal ou dentro do mundo profesional.

Podería contar algunha anécdota, das que todos os que formamos parte da Escola  coñecemos, pero si a conto seguramente o protagonista da mesma non me deixa entrar máis na Pontenova, son cousas que teñen que quedar entre nos.

Pódoche asegurar que temos moi bo ambiente e que nos divertimos moito........ pero vouche contar unha que me aconteceu traballando no teatro en Barcelona, era o ano 1997, estaba actuando nun espectáculo, no centenario de Lorca,  na Sala Muntaner, chamabase CAMINO DE NUEVA YORK, a miña compañeira de reparto era Nora Navas, que por certo fai dous ou tres anos levou a Goya a mellor actriz por PA NEGRE.

Estabamos en escena, o escenario era circular, cheo de area e iamos descalzos, nun momento determinado eu tiña que saír correndo de escena e voltar os 2 minutos, e facelo rindo polo escenario adiante.

Pois saíndo de escena rompín o dedo un pé, baixando do escenario,  durante eses dous minutos fora de escena aseguroche que mordín o telón máis próximo todo o que puiden pola dor que pasei e o saír de novo,  rindo claro,  nunha situación  tan surrealista que aquel día creo que fixen o meu mellor pase..... Con isto quéroche dicir que unha situación difícil sempre a podes levar o teu terreo, aproveitar o teu favor. Todo neste mundo pode ser mellor ou peor dependendo de como se mire.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.