lunes, 11 de junio de 2012

IV. Entrevistas con morriña - Pepe do Mazo


Entrevista realizada por Santiago Fco. Coladas-Guzmán García.

Voltamos unha vez máis con outra entrevista a outro veciño da vila, José Muruais Lamas (A Pontenova, 1.946), máis conocido por Pepe do Mazo, a quen é fácil ver polo pobo nas súas vacacións. Este Ingeniero de Minas, que gusta de ler, facer deporte e viaxar quixo empezar a entrevista con esta aclaración:

“Antes de contestar, quiero expresar mi sentimiento por no saber escribir en gallego, voy a contestar en el gallego que aprendí de pequeño en casa y con mis amigos y perdonarme  por lo que salga”.

Pontenova.es: ¿Cal foi o lugar exacto donde naciche e como lle chaman á túa casa?.

Nacín no Mazo á beira do Turía ,na casa de Josefa a Panadeira que era miña nai,e na misma casa sigo pasando o tempo que teño libre.Meus pais eran de Xinzo e da Hermida de Conforto.


Pontenova.es: ¿A que edad te fuche máis ou menos do pobo e que foi o que motivou a túa marcha?

Marcheime ós 10 anos interno para o Colexio dos Maristas de Lugo, daquela tamen estaban internos conmigo Suso de Violo, Pepe de Regos, Manolo do Píldaro e Manolo de Segis.Terminei o Bacherelato no Masculino de Lugo e fixen o Preuniversitario no Instituto de Oviedo.



Pontenova.es: ¿Cal foi a cidade ou cidades donde residiche a maior parte do tempo ó largo da túa vida?


Ó acabar o bacherelato marchei para Madrid para facer a carreira de Inxeneiro de Minas, non sei si sería por añoranza das minas do pobo,non o sei. Acabei a carreira no ano 72 e desde entón vivo en Madrid, casei alí e tuven os fillos.

Pontenova.es: ¿A que te dedicache en todo este tempo? 

A miña vida profesional xirou sempre ó rededor do Medio Ambiente, traballei  nunha empresa do grupo INI desde o ano 72 hasta o 94 ,sendo responsable dos temas ambientales. Neste tempo fixen o proxecto primitivo do lago das Pontes que acaban de inaugurar. Desde o 94 ó 98 fun Director de MedioAmbiente do grupo EULEN e desde entón a Marzo deste ano que me xubilei traballei no grupo ENDESA-ENEL nas enerxías renovables como Responsable do Aproveitamento Enerxético dos Residuos e da Biomasa.
Como responsable deste tema fun hasta este ano Presidente de AEVERSU (Asociación Empresarial Española de Valorización de Residuos Sólidos Urbanos) e  Vicepresidente da Confederación Empresarial Europea do Aproveitamento Enerxético dos Residuos, que agrupa 500 empresas de toda europa.

Pontenova.es: ¿Qué recordos da túa infancia son aqueles que tes máis presentes cando pensas no teu tempo pasado na Pontenova?.

Do tempo pasado recordo con moito cariño os domingos de feira e as festas de Octubre, o pobo enchiase de xente e tiña moita vida.
Tamén recordó as voltas das vacacións desde neno, as reunións e partidas no café de Suso de Gasolín, reuníamonos todos, tanto os que volvíamos de vacacións como os que vivían na Ponte, era algo  moi entrañable.
Tampouco podo olvidar o equipo de futbol que fixo Miguel de Gallo, o Atletico Turía cos rapaces do Pico, do Boulloso e do Mazo. Chamábase Atletico Turía.



Pontenova.es: Os que te conocemos sabemos que ves a menudo pola Pontenova pero dinos, ¿Con que frecuencia ves visitarnos? e ¿Cando estás aquí en que acostumbras a pasar o tempo?.

Eu tiven a sorte de casar con Mª Antonia e que a ela lle guste casi máis ca min estar na Pontenova. E entón vou sempre que podemos, en todas as vacacións, nas festas e nos puentes laborables vimos á Ponte. Supoño que si a saude acompaña ahora xubilado irei mais a menudo a pasar temporadiñas cos amigos  da Ponte.
Cando estou na Ponte, paseo pola vía, eu creo que dos paseos máis guapos que hai polo mundo adiante, leo bastante, e no vrao son moi playero e vou todos os días a algunha praia da costa.



Pontenova.es: ¿Recordas quenes eran algúns dos teus compañeiros de clase e seguides en contacto os amigos da xuventude?

Da miña quinta non recordo exactamente pero si do entorno da miña edad, eran Carlos do Queito, Manolo e Miguel de Gallo, Pepe de Basanta, Manolo ,Suso e Toño de Prazuelo,Sito do Ferreiro, Ramón e Fernando do Mazo, Suso do Violo, Manolo de Segis, Pepe de Xaquín, José Luis de Eustaquio, Teresa de Regos, Teresa de Amador, Marisol e Maruxa de Trevín, Manolo e Pepe do Píldaro, Ramón de Muiña, Perfecto de Xinzo, Primo, Felipe de Foxas, Elias, Gabriel e Suso da Farmacia,e supoño que olvido algún pero que me disculpe, é cuestión da edade  e da miña memoria.
Por desgracia xa faltan moitos, outros non coincidimos nas vacacións pero cos que están por alí ou por internet mantemos relacións e procuramos tomar algún viño xuntos.


Pontenova.es: ¿Gustaríache algún día retirarte a vivir na Pontenova despois de tanto tempo vivindo en grandes cidades?.

Depois de casi 50 anos en Madrid véxoo difícil, aquí teño a miña vida e a familia máis directa, pero como xa dixen antes arreglei fai unhos anos a casa en que nacín para pasar temporadas máis largas e ir máis amenudo.

Pontenova.es: ¿Sigues dalgunha forma a actualidade da vila? e ¿Conocías www.pontenova.es?.

Eu creo que debo de ser dos primeiros suscritores de Pontenova.es ,vexo todos os días e faime sentirme moito mais cerca  da casa.

Pontenova.es: Nestas entrevistas, con casi todas as preguntas moi similares para todos os entrevistados, a última sempre é para deixar que nos contedes algunha anécdota vivida e que teña relación ca Pontenova. ¿Poderíasnos contar algunha? 

Teño un gran recodo dun encontro que tuven nun viaxe de traballo que estaba facendo a Buenos Aires, atopeime cun gran amigo da infancia, Pepe de Xaquín que marchou para alí cando tíñamos unhos 14 anos e non volvera a saber nada del, e pasados cerca de 40 anos  foi algo difícil de contar a emoción que sentín e por supuesto imposible de olvidar.


VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.