SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7
Pontenova e Cospeito firmaron táboas nun encontro moi disputado
SPORTING PONTENOVA 1 - C.D. COSPEITO 1
Gol: Anxo (p)
O encontro deixou unha primeira metade sen apenas ocasións de gol, as máis destacadas varias xogadas a balón parado que levaron a inquedanza a ambos conxuntos. O gardamallas local, Rubenon, evitou a ocasión máis clara tras un cabezazo de Xavi.

A Pontenova non tardou en reacionar e conseguiu devolver as táboas ó marcador dende o punto de penalti. Anxo superou a Churry e estableceu o que sería á postre resultado definitivo. O banco volveu funcionarlle ó Cospeito que xerou un par de aproximacións perigosas pero sería a Pontenova a que dispuxo da mellor ocasión xa en tempo engadido onde Churry salvou un punto para os de Iván.

Na vindera xornada,a número 10, chega o derbi, o domingo 09 de Novembro de 2014 as 16:15h no Campo da Veiga en Riotorto para medirse o actual líder da categoría, que se mostra intratables nos últimos partidos. Desprázate a localidade veciña para animar o teu equipo.
¡AÚPA SPORTING!