jueves, 15 de agosto de 2013

AVISO (Actualizado a 16/08/13) 2ª Subida A Pontenova

Quedan 7 días para que dé comezo a 2ª Subida a Pontenova e con ela o VII Festival as Minas.
O concello da Pontenova, o fin de semana do 23, 24 e 25 de Agosto, estará repleto de actividades. Por que non disfrutar polo día dunha proba deportiva puntuable para o Campionato galego de Montaña e a continuación dunha macrochurrascada acompañada de boa música?
Por outro lado a Asociación cultural As minas dá a posibilidade de acampar nun lugar acondicionado e con todos os servizos gratuitamente a 100 m. do parque pechado e a 300 m. do Festival.
Esperámoste! Non falles!.


Desde a Escudería A Pontenova agradecemos a tódolos veciños do concello e especialmente ós que residen na rúa da Feira que o fin de semana da subida (24 e 25 de Agosto) non aparquen nos dous márxenes da calle para poder deixar o maior espacio posible para o desenrolo da proba.
Moitas gracias pola vosa colaboración.
Máis información sobre a subida pinchando aquí.


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.