Con motivo do debate e tramitación da Política Agraria Común en discusión neste momento
no Parlamento Europeo e tendo en conta a súa transcendencia para o sector gandeiro
gustarianos contar coa súa presenza e opinión nun encontro onde trataremos a situación do
sector na Mariña.
Nesta xuntanza explicarase o estado de tramitación das políticas europeas para o sector e
recolleremos as súas preocupacións con fin de trasladalas aos foros de debate europeos e
galego para o que contaremos coa presenza das seguintes persoas:
· Ana Miranda Paz: Parlamentaria do BNG no Parlamento Europeo integrada no Grupo
Alianza Libre Europea.
· Cosme Pombo Rodríguez: Parlamentario do BNG por Lugo no Parlamento Galego
· Fernando Suárez Barcia: Alcalde de Ribadeo
O encontro terá lugar o vindeiro venres, 26 de abril ás 12:30 no Salón de Actos da Casa do Mar
de Ribadeo(Rúa Clemente Martínez Pasarón, s/n de Ribadeo).
Agardando contar coa súa presenza que agradezo, reciba un cordial saúdo
BNG A MARIÑA.