sábado, 17 de abril de 2010

A EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE A INDUSTRIA DO FERRO CHEGA A RIOTORTO

A exposición itinerante, realizada pola Asociación Mariñapatrimonio, sobre a industria do ferro chega a Riotorto onde vai estar aberta na Casa da Cultura deste concello até o día 23 de abril.
A mostra, que leva por título “ A industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur”, recolle a orixe e a evolución histórica do traballo do ferro nesta zona,  os lugares de extracción e traballo ( explotacións mineiras, ferrarías, mazos e forxas), a elaboración de obxectos de corte e tres lugares sobranceiros na dedicación á manufactura de obxectos de ferro: A Pontenova, Riotorto e Taramundi.
A exposición estará aberta aos visitantes de 9:30 a 14 horas e de 16:30 ás 20 horas na localidade de Riotorto que este domingo celebra a cuarta edición da Feira da Artesanía do Ferro.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.