lunes, 7 de abril de 2014

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA CATEGORIA REXIONAL

O SPORTING CAE A POSTOS DE DESCENSO "POR ARRASTRES"

C.D. Santaballés 3 - Sporting Pontenova 2

Sp. Pontenova: Juan, Otto (Keitas), Arango, Manu, Villi, Patxi (Villaouruz), Rivas, Ivan Fdz, Tontxu, Jorge e Puente.
Goles: Jorge e Ivan Fdz

O Sporting volveu de vacio de Santaballa, logo de facer un partido moi serio e ir por diante, ata en duas ocasións no marcador.

O equipo de Dani Moirón viaxaba a Santaballa plagado de baixas, con so 13 xogadores dispoñibles dos 26 que ten no seu plantel.

O partido comenzaba ben para os intereses gualdinegros, os 20min, Jorge nunha boa xogada poñia o 0-1, pero ao borde do descanso, unha falta lonxana que parecía que non tiña perigo, convertíase no 1-1.

A volta do descanso, no ecuador da segunda metade Ivan, de penalti establecía o 1-2. Chegaría o Sporting con ese resultado ao min 38 da segunda parte, pero o C.D. Santaballés conseguiría darlle a volta o marcador, primeiro nunha boa internada pola banda esquerda e o gol da victoria, no minuto 47, outra vez logo dunha rexeite nunha falta lonxana.

Con esta derrota o equipo cae a postos de descense por arrastres. Quedan dous partidos, que o equipo debe afrontar como finais, se non quere descender de categoría. 

O proximo partido será o vindeiro domingo 13 de Abril as 17:00h no Campo da Mina. O equipo xogase todas as opcións de seguir na categoría en dous partidos. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

O SPORTING VESE SUPERADO POR UN BO SAN CIPRIAN 

C.D. San Ciprian 7 - Sporting Pontenova 1

Sp. Pontenova: Borja Rodriguez, Juan, Andrei, Borja Lombardero, Roi, Rodrigo, Ovidiu, Bruno, Villarquide, Cubelas e Carri. Tamen Xogaron: Adrin, David, Trulli e Josito.
Gol: Villarquide

O equipo xuvenil viuse superado por un San Ciprian mellor, que a media hora xa gañaba por 3-0. 

O equipo gualdinegro está pagando a súa inexperiencia na categoría, pero seguramente se esté preparando un boa xeración de futbolistas que a ben seguro nos darán moitas tarde de ledicia.

O vindeiro compromiso do equipo de Andres Bouza, será o proximo sabado 12 de Abril en Mondoñedo contra as E.D. Lourenza, dando comezo a segunda volta da previa da copa.

¡AÚPA SPORTING!



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.