SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 6
SPORTING PONTENOVA 5 - E.D. LOURENZÁ 4
A. Pasarín autor dun Hat-trick |
Goles: Adrian Pasarín III, Andrés Bouza e Moro.
O Sporting Pontenova mantén 5 puntos de vantaxe á fronte da táboa con respecto ao Xermade despois de vencer onte na casa ao Lourenzá nun partido moi igualado e de máxima rivalidade. a primeira parte foi de claro dominio visitante, que se chegou a poñer 2-0 no marcador con goles de Manuel e Ivan Recalde. Adrían Pasarín recurtaría distancias de falta directa pero de novo Manuel poñia o 1-3 para o Lourenzá antes do descanso.
Xornada 25. Resultados e Clasificación |
Na segunda metade saíu mellor o Pontenova que empatou a tres aos 20 minutos grazas a un gol de xogada persoal de Adrián Pasarín e a un remate de cabeza de Andrés bouza a saída dun córner. Á media hora volveu aidnatarse o Lourenzá, de novo por medio de Manuel, pero no último cuarto de hora o Pontenova deulle a volta ao partido cun gol de Adrián Pasarín de falta e un de Moro nunha xogada persoal dentro da área.
Gran ambiente o que se puido ver no Campo da Mina, numeroso público dos dous equipos que se deu cita pra presenciar un dos mellores partidos que se pode ver nesta categoría e que sen dúbida nesta ocasión non defraudou.
A vindeira xornada o equipo dirixido por Dani Moirón visita o Campo da Valgas, para enfrontarse ao todopoderos Iberia C.F., nun partido que terá lugar na tarde do Domingo.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL
SPORTING PONTENOVA 4 - E.D. LOURENZÁ 2
Sp. Pontenova: Diego, Dani Petre, Alberte, Alvaro, Fran, Roi, Pedro Neira, Mateo, Andrei, Ivan e Juan. Tamen xogaron: Pedro Vadin, Marcos, Joselu, Anxo e Raúl.
Goles: Andrei II, Roi e Dani Petre.
SEGUNDA ALEVÍN F-8
RACING VILLALBÉS "B" 4 - E.D.M. A PONTENOVA/SP. PONTENOVA 3
E.D.M. A Pontenova/Sp. Pontenova: Paulo, Marcos, Samuel, Iago, David, Paula, Mario e Leandro. Tamen xogaron: Ismael, Ruben e Bruno.
Goles: Ruben II e David.
¡AÚPA SPORTING!