jueves, 22 de marzo de 2012

O BNG DA PONTENOVA PRESENTA UNHA MOCIÓN EN FAVOR DA FOLGA XERAL E PEDIRÁ O CAMBIO DE DATA DO PLENO


LOGOBNGO BNG da Pontenova presentou no rexistro do Concello unha moción que buscará o apoio do Pleno Municipal á folga xeral convocada para o vindeiro xoves, 29 de Marzo.
                Desde o BNG pontenovés, apúntase a que esta nova regulación laboral agora en vigor socava dereitos dos traballadores e traballadoras, actuando para iso sobre a rebaixa das indemnizacións por despedimento, a ampliación das facultades da empresa para ordenar modificacións discrecionais nas condicións de traballo e a devaluación da negociación laboral. Isto levará a unha maior precariedade e desregulación das relacións laborais, que conduzan a unha redución real das rendas salariais, que xa viñan sufrindo un retroceso antes e, sobre todo, despois do estoupido da crise fronte ás rendas de capital.
                Neste senso, tamén fixo chegar ao alcalde un escrito, onde se lle solicita que modifique a data do pleno ordinario que coincidirá con esa mesma data.
                Segundo a voceira municipal, Mónica Rancaño, “pediremos o cambio de data para que o dereito á folga das traballadoras e traballadores do Concello e dos cargos institucionais esté garantido”
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.