sábado, 24 de marzo de 2012

O PP de A Pontenova denuncia o presunto trato de favor nos prazos de concesión de licencias de obras


O Partido Popular de A Pontenova quere denunciar o presunto trato de favor que reciben as solicitudes de determinadas licencias de obras. Así, segundo pode constatar o concelleiro do Partido Popular de A Pontenova Francisco Lombardero, algunhas licencias de obras se tramitan no prazo dun mes mentres outras tardan incluso máis dun ano en ser tramitadas.

O PP de A Pontenova non atopa  outra explicación lóxica a este feito que non sexa a de que o goberno do socialista Darío Campos non trata, presuntamente, igual a todos os veciños de A Pontenova, senon que “intenta favorecer” aos que considera os seus “amigos políticos”, sen importarlle os prexuizos que poden causar a outras empresas e particulares, que supón que non son afíns ao seu partido, estes retrasos inxustificados.

Con este feito, unha vez máis o PP de A Pontenova quere deixar constancia que este tipo de actuacións non veñen mais  que a poñer de manifesto a falta de transparencia e o “amiguismo” que impera na forma de gobernar do PSOE pontenovés.

Nota de prensa enviada por PP A Pontenova.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.