sábado, 24 de marzo de 2012

O BNG da Pontenova denuncia que o punto de atención á infancia municipal segue sen funcionar


O BNG da Pontenova reclámalle ao Goberno Municipal que axilice a posta en marcha do Punto de Atención á Infancia, que leva pendente desde o ano 2009.  O PAI que viría dar servizo a cativas e cativos de entre catro meses e tres anos, a día de hoxe está sen rematar. Trátase dun proxecto do ano 2009, e que supoñería a única alternativa para as nais e pais do Concello para deixar as súas fillas e fillos, xa que non hai ningunha outra oferta neste tipo de servizos na Pontenova.
Neste senso, desde o BNG da Pontenova tamén se denuncia a incompetencia do Concello a hora de xestionar as axudas públicas recibidas para poñer en marcha o PAI.  Segundo a súa voceira, Mónica Rancaño “o Concello perdeu máis de 9.000 € en axudas públicas para a posta en marcha do Punto de Atención a Infancia por non saber xestionar de maneira correcta o diñeiro público. “  
Desde o BNG da Pontenova pediránse explicacións no vindeiro pleno sobre estes erros que “farán que as veciñas e os veciños teñen que asumir ese sobrecuste, ata un total de 40.700 € para a posta en macha dun servizo esencial, que logo de case 3 anos segue sen funcionar, provocado pola falta de responsabilidade do Goberno de Campos”.


Nota de prensa enviada por Bloque Nacionalista Galego de A Pontenova.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.