lunes, 26 de marzo de 2012

Fin de semana intenso para a A.D. Albións

Este pasado domingo 25 de marzo celebrábanse en Vigo e en Barcelona unha media marathon (21 kms) e marathon (42 kms)respectivamente.
En ambos casos houbo representación do club Albións da Pontenova.
Na media marathon Vigo-Baiona que vai desde a praia de Samil ata o centro urbano de Baiona estuvo Andrés Lombardero finalizando no posto 340 dun total de 4.400 atletas. Nesta proba tamén participou outro veciño da vila pero que pertenece o club atletismo Samertolameu de Moaña, trátase de Alfonso Coladas que quedou no posto 1.706.
No marathon de Barcelona que transcurre íntegramente polas rúas da cidade Condal houbo nada menos que 5 membros de Albións que finalizaron con éxito o total dos 42 kilómetros de que constaba a carreira entre unha participación de casi 20.000 corredores.
Foron Santiago Coladas (posto 3.052), Breogán Valcarcel (posto 10.520), Miriam Rivas (posto 10.521), Fernando Morado (posto 12.106) e Manolo Lastra (posto 12.107).
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.