lunes, 10 de mayo de 2010

Viveiro, Valadouro, Pontenova e Trabada logran axudas para o medio ambiente

Catro municipios mariñáns recibiron investimentos, por un total de 340.000 euros ,da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para diferentes proxectos ambientais. Os once restantes non se beneficiaron das iniciativas que ese departamento autonómico impulsou durante o ano pasado.
Ao Concello do Valadouro outorgoulle Medio Ambiente 120.000 euros de subvención, mentres ao da Pontenova correspondéronlle 102.990 euros. Ao Concello de Viveiro fóronlle outorgados 96.267 euros, tamén en concepto de axuda, mentres o de Trabada obtivo 20.879 euros, para infraestruturas. Así consta nunha resposta a preguntas da deputada nacionalista Sánchez Montenegro.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.