lunes, 10 de mayo de 2010

Pican os dous primeiros salmóns do ano no Eo

Fíxose de rogar, pero finalmente picou o campanu do Eo, o primeiro salmón da tempada. E fíxoo por partida dobre, nas zonas galega e asturiana. O primeiro sacouse onte a terra nun tramo de Galicia, no coto de Salmeán (A Pontenova). Capturouno Emilio Rodil Cotarelo, de Taramundi. Pesou 4,3 quilogramos e mediu 75 centímetros de lonxitude por 38 de perímetro. Pero como en Galicia está prohibida a venda de salmóns o premio foi pouco despois para José Miguel Fernández Fernández, de Oviedo, que o sacou a terra no coto A Pena, na ponte de San Tirso. Estaba acompañado dun pescador ilustre, o Marqués, que ao parecer foi quen o comprou. Pesou 6,5 quilos e mediu 82 de lonxitude por 45 de perímetro. Estes días víronse varios salmóns. Onte pola mañá soltouse un e en xornadas precedentes tamén se soltaron no coto tres da Pontenova e na Volta. Por iso están a acudir bastantes pescadores ao Eo.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.