martes, 16 de agosto de 2011

Feira de Artesania de A Pontenova. Declaracións de Jose Manuel Piñeiro

Despois de catro anos  vindose celebrando a Feira de Artesania de A Pontenova,a que teria que ser V edicion non se poido celebrar entre outros motivos , porque non se logrou por parte das  Asociacions organizadoras xuntar o orzamento  necesario para costear os gastos que supon a celebracion dun Evento deste tipo.Preguntados os responsables  politicos nos pasados dias polos compañeiros da prensa escrita acerca da suspension da Feira, cada un daba a sua opinion e trataba de xustificarse o mais elegantemente posible sobre esta situacion.Pero o que realmente nos chegaron a sorprender,foron as valoracions de Dario Campos ,alcalde de A Pontenova que ademais en algun momento chegou a referirse a miña persoa.
Seria importante recordarlle o Alcalde,que esta Feira que en mais de unha ocasion foi considerada por El, como unha actividade de gran importancia para o Concello,unha das primeiras decisions politicas que tomou como responsable municipal aló polo 2007 foi reducir a aportacion municipal para este Evento a cuarta parte do que tiña comprometido o anterior goberno municipal ,para a celebracion do mesmo.Sabedor e o Alcalde de A Pontenova,que este Evento sin a axuda de outras Institucions e imposible levala a cabo,e a proba temo-la este ano ,que so habia a axuda do Concello e non se poido celebrar ,semellando o  prioritario  ser en moitas ocasions, quen aparecia na presentacion-inauguracion  do Evento, ou que logotipo aparecia no cartel por diante dos demais.Sabe o Alcalde  ademais que o ano pasado, por unha mais que discutida decision ,  negousenos desde o Concello un informe no que se recollera o apoio municipal para a III Feira de Artesania e poder asi a Asociacion de Artesans  xustificar os gastos realizados ante as institucions que subvencionaban o Evento.Debido a esta negativa ,perdemos cerca de 2000€uros dunha axuda da Xunta de Galicia.Creemos ademais que o feito de facer evolucionar a Feira a nivel  de participantes e visitantes o longo das diferentes edicions e proba dun traballo,que moi poucas veces foi valorado e moitas criticado desde os representantes municipales.
Sigue leyendo....
Jose Manuel Piñeiro Rodriguez
Presidente Asociacion de Artesanos de A Pontenova
Presidente  CD Rececende-Superti A Pontenova

Con estas circunstancias e outra serie delas que non procede enumeralas neste momento ,creo que o Alcalde a hora de referirse e Feira de Artesania de A Pontenova  e os seus organizadores,teria que facelo con prudencia,agradecimiento e respeto.Quizas o noso "erro"foi explicarlle a Dario campos que o problema principal para a organizacion deste Evento, radicaba en que non se conseguia xuntar o diñeiro suficiente para sufragar os gastos ocasionados por esta V Feira,que teria que haberse celebrado estes dias, advertindo ademais do problema que se viña arrastrando en edicions anteriores por determinados proveedores que non aceptaban que o pagador dos gastos da Feira fora o Concello.
Creo que a afirmacion por parte de Dario Campos que aparecia nun medio escrito nos dias pasados decindo que as contas da Feira de Artesania (sobreentendose a IV edicion) que estaban saldadas,non deixa de ser un atrevemento e o mesmo tempo unha frivolidade pola sua parte.Creo que deberia repasar a contabilidade do ano 2010  do Concello de A Pontenova e mirar  como estan as debedas do Mesmo ,referente a  IV Feira de Artesania  e despois volver a rectificar as declaracions feitas.O que si lle podo asegurar, e que os gastos que a Asociacions de Artesans que presido tiña pendentes de  desta edicion da Feira a septembro do ano 2010 estaban liquidados, entre outras cousas  porque  desde as Institucions non esixen o seu pagamento para poder acceder o cobro das axudas,e creo que vostede cando volva a repasar as contas non vai poder decir o mesmo.
Non creo que sexa eu quen ,para decirlle a Dario Campos "... como facer as contas...", tal como se refire a miña persoa na prensa escrita,pero si lle serve o meu consello ahi vai. 2 euros ingresados - 1 euro gastado, resultado 1 euro de beneficio...
a partir de ahi o beneficio gasteo vostede no que queira....Tampouco creo que sexa tan dificil Alcalde...Importante gastar algo menos do  que se produce,nunca o que non se  ten...Creo que o erro de algunha Institucion como a que vostede preside e a de gastar por encima das suas posiblidades,sendo o problema que Vostede e outros responsables municipales a diferencia dos responsables das Asociacions xogan co diñeiro de todos sin ter que xestionar o  seu propio.Seguramente si seguiramos o seu consello, a V Feira de Artesania poderia celebrarse sin preocuparnos de quen se responsabilizara das debedas pendentes.E asi durante canto tempo...?.Si analizamos a situacion real, e o Concello de A Pontenova non esta en condicions de apoyar economicamente este Evento e as demais Institucions tampouco prestan a sua axuda,non será ningun drama que desapareza esta Feira,e mais, antes de seguir endebedandose con gastos referentes a esta actividade creo que seria mais prudente analizar os gastos superfluos da Entidade local e si este Evento ten que ser excluido, por responsabilidade,nos o aceptariamos.Eso si,conxuntamente con outros gastos non necesarios que absorve o Concello e outras institucions.  Creo ,e ahi si que vostede tivo a parte de culpa que lle corresponde,que haberia que haberlle solicitado a Deputacion de Lugo a sua colaboracion para este Evento, logo que os responsables deciciran si nos prestaban esa axuda.Mentras vostede non tuvo tempo para esa xuntanza,nin considerou o momento para facela por, sabera vostede que motivos, outros, buscaron o seu momento, e para un Evento que se esta a celebrar este fin de semana lograron 20000€uros de axuda do Ente Provincial.Felicidades pola sua xestion.
Non queria  rematar estas lineas sin recordarlle que entendo que hai que adaptarse as circunstancias actuales e tamen a coiuntura economica do momento,pero ¿parecelle que esta vostede lexitimado para facernos este plantexamento a calquera veciño de a Pontenova co lastre que supon para as finanzas do Concello o seu soldo...?.Unha cosa e predicar e outra diferente e dar trigo...
Quero tamen agradecerlle a  axuda economica que este ano tiña pensado aportar para a V Feira de Artesania,e aproveitar para recordarlle que ese diñeiro que temos pendente de recibir pode vostede liquidar a debeda, coa cantidade que este ano vai aforrar o Concello coa V Feira de Artesania....Todos sairiamos gañando.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.