miércoles, 10 de diciembre de 2008

Xogos Tradicionais


A mostra de xogos de Santalla convertiuse por méritos propios na máis importante de Galicia e supón tamén unha referenza fóra da comunidade autónoma, como así o recoñeceu o directivo da Asocación Galega do Xogo Po­pular e Tradicional Paco Veiga, que analizou o éxito en función «da dificultade de reunir nun mesmo evento diferentes tipo­loxías de xogos e Deportes, algo que resulta difícil de conseguir», asegurou.

Sigue leyendo...



Preto de cen xogos tradicionais tiveron lugar na parroquia pontenovense de Santalla, que se convertíu na capital desta particular mostra que se ven celebrando nos dous últimos anos.
Ata A Pontenova chegaron máis de 300 xogadores proce­dentes non só de Galicia, senón tamén de outras comunidades autónomas,comoAsturias, Eus­kadi e Castela-León, ademais do veciño Portugal.
A mostra de xogos de Santalla convertiuse por méritos propios na máis importante de Galicia e supón tamén unha referenza fóra da comunidade autónoma, como así o recoñeceu o directivo da Asocación Galega do Xogo Po­pular e Tradicional Paco Veiga, que analizou o éxito en función «da dificultade de reunir nun mesmo evento diferentes tipo­loxías de xogos e Deportes, algo que resulta difícil de conseguir», asegurou.
A mostra ademais atópase en constante crecemento, xa que na súa segunda edición houbo novidades relevantes sobre a primeira, coa inclusión de 18 modalides deportivas de Euska­di, que foron presentadas pola Federación Bizkaina de Xogos e Deportes Vascos.
As estrelas da reunión foron, unha vez máis, o torneo galego individual de bolos celtas, que teñen moitos adeptos na Ponte­nova e os torneos de chave e bi­llarda. A xornada desenvolveuse entre as once e media da mañá e as sete da tarde.
Javier Rico, un dos organiza­dores do evento, calculou que preto de 4.000 personas se de-ron cita no recinto durante todo o día, pero destacou sobre todo «que a maioría da xente non es­tivo só de visita, senón que par­ticipou nas actividades».
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.