miércoles, 10 de diciembre de 2008

O Superti ten como obxectivo consolidarse en Primeira División B


O club que dirixe Manolo Piñeiro conta esta tempada cun conxunto
cadete que disputa a Liga autonómica da categoría.
A outra formación de fútbol sala da localidade pontenovesa,
O Recense, está xogando o campionato provincial.

Sigue leyendo...



Falar do fútbol sala
da Pontenova é facelo do Superti
e do Industrial Recense, aínda
que os dous clubs semellan ofrecer
proxectos diferentes, xa que
o primeiro compite en Primeira
División B e conta cunha estructura
deportiva encamiñada a protexer
e fomentar o fútbol sala de
base, namentras que o Recense
entende o Deporte como unha
oportunidade para que unha serie
de xogadores afeccionados poidan
competir nunha Liga federada sen
demasiadas pretensións, como é o
campionato provincial.
O Superti leva varios anos senda
unha das principais referenzas
comarcais no fútbol sala, só
por debaixo do Burela FS e Porto
Celeiro, que compiten en Prata e
Primeira A, e ó mesmo nivel que
o Concello de Trabada FS, ambos
en Primeira B. Esta é a segunda
tempada dos pontenoveses na categoría,
logo de ascender dende
a Liga autonómica, na que botou
varios anos. O club que preside
Manolo Piñeiro está facendo un
esforzo notable por consolidarse
na categoría e polo momento non
só o está conseguindo, senón que
está loitando cos mellores equipos,
na parte alta da clasificación,
algo que ó presidente o enche de
satisfacción, aínda que mantén
os pes no chan. «Pensamos que
esta é a categoría na que temos
que estar e non imos marcarnos
outro obxectivo que non sexa a
permanenza. Estamos no camiño
axeitado para acadala e iso é
o único que nos plantexamos»,
asegurou.
A nivel de base, o traballo do
club pontenovés tamén está sendo
exemplar, xa que pese á escasez
de medios e de nenos que hai no
municipio, está competindo na
Liga galega cun equipo de cadetes,
formado por 12 rapaces. Moitos
deles foron o ano pasado campións
provinciais infantís mixtos,
cun conxunto composto por oito
nenos e seis nenas. Ademais do
equipo cadete, tamén competirá
o conxunto benxamín mixto, formado
por 12 xogadores. Manolo
Piñeiro amósase moi satisfeito
co traballo que se fai nas escolas,
pero ten algunhas espiniñas cravadas.
«O que máis nos fastidia
é ver como temos nenos e nenas
que adestran cada semana e non
teñen a oportunidade de competir
porque non reunimos xogadores
bastantes para formar un equipo.
Sería importante contar con xente
de concellos limítrofes para paliar
estas carenzas», señalou.
Piñeiro destacou
a axuda prestada
pola Deputación.

O Superti Pontenova vive
fundamentalmente pola
axuda do seu principal patrocinador,
a firma que lle da
nome, e tamén recibe apoio
de organismos e institucións.
O presidente do clube, Manolo
Piñeiro, mostrouse moi satisfeito
da aportación que lle fixo
a Deputación no último ano e
espera manter a mesma liña
de colaboración nesta mesma
tempada. Piñeiro tamén se
mostrou satisfeito polas instalacións
que reúne o Concello
para os adestramentos dos
diferentes equipos que integran
o club. «Agora mesmo o
pavillón pontenovés reúne as
condicións óptimas para adestrar
e ademais temos o horario
que necesitamos», concluíu o
dirixente pontenovés.


VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.