lunes, 8 de diciembre de 2008

Crónica Sporting Juvenil: Meira 0-Sporting 4


Partido complicado o que se gañou no campo "A Lomba" de Meira o sábado pasado pola maña. O encontro presentabase complicado xa que ainda que o equipo local tiña certas baixas importantes sairon moi fortes durante os primeiros minutos. Matelo foi o primeiro en marcar tras un bonito disparo raso e cruzado ó que o porteiro non puido chegar. O segundo gol foi obra de Antonio antes da sua expulsión xusto antes de terminala segunda parte. O terceiro foi outro gol de Matelo e por último marcou Yoel tras coller un rechace dentro da área regatear a dous e colocala na escuadra. Destacar o partidazo que fixo vez Cristian e tamén o partido de Matelo que marcou dous goles aínda con algunha molestia.
Gracias a este resultado recuperamos o partido aplazado que tiñamos e colocámonos dous puntos por
detrás do líder o Sagrado Corazón e distanciamonos do terceiro clasificado o Foz.
Nada máis, para o próximo sábado toca ir a Xove. Un saúdo.
-------SERGIO ARANGO SPORTING PONTENOVA-------
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.