lunes, 13 de octubre de 2008

Os habanos de Villamil e Pego


Fai cen anos, os mellores habanos do mundo eran fabricados en Cuba por emigrantes da
Mariña. ‘La flor del puro habano’, ‘La Meridiana’, ‘La Diligencia’ ou ‘Partagás’ pertencían a Antonio Villamil (A Pontenova),
Murias e Moreda (A Devesa) e a Pancho Pego (Ortigueira).

Sigue leyendo...



HOUBO UN tempo en que falar
de puros habanos no mundo era
falar de empresarios da Mariña.
De emigrantes que, na Habana,
poseían as máis importantes fábricas
de tabaco produtoras dos
puros que se alzaban cos primeiros
premios nas exposicións mundiais
de Amberes, París ou Londres.
De emprendedores que acadaron
fortunas e que diversificaron as
súas inversións noutros sectores
da economía. De mariñáns que
tiveron grande relevancia na colonia
emigrante. E de xentes que
foron solidarias coa súa terra e coa
súa xente, e que colaboraron, mediante
donacións ou axudas, con
iniciativas que se desenvolvían na
comarca...
Ese foi o caso de Antonio Villamil
y Colmenares, de Vilameá-A
Pontenova, propietario da marca
‘La Flor del Puro Habano’; de Pedro
Murias, con ‘La Meridiana’ e
outras, e de Pedro Moreda, fabricante
de ‘La Diligencia’, os dous
naturais da Devesa (Ribadeo);
de Francisco Pancho Pego Pita,
propietario do famoso habano
‘Partagás’, de Ortigueira; ou de
Inocencio Aguiar, de Rinlo. Todos
eles non só gozaron de sona, fortuna
e prestixio mundial, senón
que foron eles, en boa parte, os
responsables de que moitos emigrantes
da Mariña, a cabalo entre
o século XIX e o XX, se ocuparan
como empregados nas tabaquerías
cubanas.
premi os e fortuna. Antonio
Villamil y Colmenares, por
exemplo, era natural de Vilameá
(A Pontenova), a onde regresaba
con frecuencia e onde constriu
un gran pazo no máis céntrico do
pobo. Era o dono da fábrica de tabacos
‘La Flor del Puro Habano’,
establecida na rúa Suárez, número
7, da capital de Cuba. Era tamén
propietario da fábrica ‘La Moda’,
vicepresidente da empresa do Diario
Español e presidente da Sociedade
Anónima de Vendedores de
Tabaco y Cigarros de Cuba.
Os seus puros comercializábanse,
sobre todo, en España e no
mercado anglosaxón, onde acadaron
altas cotas de mercado e diver-
sos premios. En setembro de 1909,
remitiu unha notable instalación
ó pavillón do Centro Galego da
Exposición Rexional de Santiago
con mostras dos produtos da súa
fabricación e máis de 60 vitolas de
tabacos que acadaron o diploma
de honra e a Medalla de Ouro.
O seu ‘stand’ compraceu tanto ó
Rei de España, Alfonso XIII, cando
visitou a exposición, que mostrou
desexos de adquirir a colección exposta.
Villamil, halagado, ordeou
que se lle enviaran un obsequio
que a prensa da época valorou en
máis de mil pesetas…
O prestixo e a fortuna económica
de Antonio Villamil y Colmenares
fixeron que gozase dunha
relevante posición na colonia
emigrante da Habana. É frecuente
que a prensa da emigración fale
del como «miembro preminente
y prestigioso de la colonia gallega
en La Habana». Por esa razón,
ocupou cargos importantes no poderoso
Centro Gallego no que, en
maio de 1915, foi elexido presidente
da súa comisión executiva.
en ri badeo e ri otorto. Baixo
a súa presidencia, formaban parte
da directiva como vicepresidente
o avogado mindoniense Pascual
Aenlle Aguiar, tesoureiro Manuel
Bahamonde Díaz, vicetesoureiro
Pedro Rodríguez, interventor
Angel Naya Roel e subinterventor
Juan R. Castro.
Na etapa de Villamil como presidente
do Centro Gallego, a asamblea
de apoderados, presidida por
Secundino Baños Villar, contaba
na súa xunta con dous destacados
membros mariñáns, o valadourense
Juan Ramón Álvarez,
como secretario, e o empresario
tabaqueiro de Ortigueira, Francisco
Pego Pita, como responsable
da sección de Orden. O editor
e amigo de Curros Enríquez, Constantino
Añel, era o responsable da
sección de Propaganda.
Antonio Villamil estaba casado
con Concepción Santalla Fraguela,
coa que tivo catro fillos: Dulce
María, Elena, Josefina e Antoñito.
En xuño de 1912, a prensa comarcal
e provincial de Lugo fíxose eco
da súa chegada a Ribadeo de vacacións.
Os cronistas apostillaban
que Villamil era alguén «que viene
prestando servicios y protección a
los paisanos gallegos en Cuba y A
Pontenova» e anuncian que, nesa
época, estaba construindo «un
pazo extraordinario» no seu pobo
natal de Vilameá.
Esa visita de 1912 non foi a única
que Villamil fixo á Mariña. A
mesma prensa comarcal —‘El
Agricultor’, de Riotorto— e provincial
relata outra visita de 1909
na que veu acompañado por «su
pariente» José María Díaz Villamil,
casado con Amparo Santalla
Fraguela, irmá da súa muller.
Nestas páxinas dise que Díaz Villamil
tiña dous irmaos en Cuba,
Juan e Tomás.
Aínda que coincidan o nome
e os apelidos, o José María Díaz
Villamil que acompañaba ó fabricante
de tabacos, Antonio Villamil,
non pode ser o homónimo
que foi concelleiro da Segunda
República en Ribadeo, destacado
membro da Orga e gobernador civil
de Huesca, Málaga e Zaragoza,
pois este último naceu en 1898 en
Cerdeiral (Pontenova) e, polo tanto,
só tiña once anos en 1909.
O vencello de Villamil coa súa
localidade natal e con vilas como
Ribadeo ou Riotorto levárono a colaborar,
de xeito filantrópico, en
diversas iniciativas sociais como a
que mantivo coa Sociedade Agrícola
de Riotorto, a quen lle comprou
cen accións para contribuir na
construcción da súa casa social.
par tagás, asasinado. O éxito
e a fortuna acadada cos negocios
do tabaco por Antonio Villamil foi
similar ó dos devesanos Murias e
Moreda e ó do ortigueirés Francisco
Pancho Pego Pita. A sona deste
último foi moi grande, sobre todo
tras comprar a prestixiosa fábrica
de puros habanos ‘Partagás’. A
fábrica fora fundada en 1845 polo
catalán Jaime Partagás, que levantou
a súa empresa no centro
da Habana, na rúa Industria 520,
onde hoxe a singular edificación é
visitada obrigada dos turistas por
atoparse nela a Casa del Habano
Partagás. Os puros de Don Jaime
obtiveran a Medalla de Ouro da Exposición
de París de 1867 e gozaban
das preferencias dos fumadores
de Estados Unidos, España, Gran
Bretaña, Alemania, Holanda,
Bélgica, Italia, Francia, Rusia ou
Arxentina, entre outros países.
Cando se atopaba no cume do
seu éxito, o catalán, que era moi
aficionado ás mulatas, foi asasinado
cando regresaba de noite á
súa finca de Rancho Alegre despois
dunha noite de amoríos en
diversas plantacións e nun crime
que se calificou de mezcla de
amor, celos e vinganzas comerciais.
Pero os logros de Partagás
foron tan rotundos que a morte do
seu fundador non eclipsou o éxito
do seu produto ata o presente.
Tralo seu pasamento, a fábrica
pasou a mans de José A. Bances
e do asturiano Ramón Cifuentes
que, en 1916, asociouse con Pancho
Pego que, ata a súa morte, en
1940, foi o propietario da firma
‘Partagás’, a máis representativa
—xunto co Montecristo— dos habanos
cubanos. Antes da compra
da firma, o ortigueirés mantivera
en Cuba outras marcas de habanos,
como ‘Flor El Todo’.

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.