lunes, 10 de marzo de 2014

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL

"O EQUIPO GUALDINEGRO CAE A ZONA DE DESCENSO"


C.D. COSPEITO 2 - SPORTING PONTENOVA 1

Sp. Pontenova: Juan Cainzos, Marcos Conde, Luis (Garboso), Manu, Villy (Keitas), Anxo, Ivan, Jorge (Borja Lombardero), Carlos (Iago), Patxi e Puente. 

Gol: Anxo (p)

Mal resultado para o equipo dirixido por Dani Moirón, que disputaba na tarde do sábado un importante partido no Campo da Fonte en Cospeito. O equipo gualdinegro chegaba con moitas baixas o encontro, e non foi capaz de adaptarse o terreo de xogo. A media hora encaixaba o 1-0 tras unha xogada desgraciada Luis introducía o balón en propia meta. Mediada a segunda metade un riguroso penalti cometido por Villi, supoñía o 2-0, unha lousa grande, pero faltando 15 min. Anxo recurtaría diferenzas dende o punto de penalti. De ahí ata o final, o Sporting Intentouno pero sen fortuna. 

Deste xeito, tras estas duas derrotas consecutivas o equipo cae a postos de descenso por arrastres.

Na proxima xornada visitanos o actual lider da categoría, a S.D. Valadouro, o sábado as 16:30h no Campo da Mina.

Quedan 6 partidos para o remate da liga e a situación do equipo é delicada, necesitamos da axuda de todos vos, para intentar facernos fortes como locais. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

"MAL COMEZO NA FASE PREVIA DA COPA"

SPORTING PONTENOVA 0 - E.D. LOURENZA 3

Sp. Pontenova: Borja Rodriguez (David), Cubelas (Pedro), Andrei (Adrian), Roi, Juan, Rodrigo, Ovidiu, Bruno, Borja Lombardero, Trulli (Josito) e Carri. 

O equipo de Andrés Bouza, non foi capaz de trocar a xeira de resultados que viña arrastrando na liga e sucumbiu contra as E.D. Lourenza por 0-3. O equipo gualdinegro gozou de ocasións para meterse no partido pero a mala fortuna impediu un mellor resultado. 

A próxima xornada o equipo viaxa o Campo da Acebreiro na Pastoriza para disputar a segunda xornada desta previa da copa. 



CATEGORÍA VETERANOS

"PROXIMA PARADA, A DEVESA"


O equipo de veteranos disputará a terceira xornada da Liga do Norte de Veteranos, este sabado as 16:30h no Campo da Devesa en Ribadeo contra a A.V. Ribadeo.

 O equipo gualdinegro invertiu o orde de campos, debido o mal estado no que se encontra o Campo da Mina. A expedición sairá as 15:00h do Bar Puente.

O equipo intentará refrendar o bo xogo das ultimas xornadas e estrear o casilleiro de puntos.

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.