martes, 13 de noviembre de 2012

Quequé presenta en Galicia o seu último espectáculo de monólogos en Burela o venres día 16 na Casa da Cultura ás 21 horas

NOVEMBRO DE “SESIÓN GOLFA”
Da man de Culturactiva SCG chega Quequé, un dos monologuistas máis desenfadados do panorama estatal. O que compartira plató con Eva Hache e deu minutos de risa a esgalla no Club de la Comedia e en Paramount Comedy vén decidido a tumbar mitos e a rir de todo, incluso de si mesmo. Vilagarcía, Lugo, A Estrada e Burela serán as cidades nas que poder velo neste mes de novembro.
Este “espectáculo para adultos sen complexos” recalará en Burela o venres día 16 na Casa da Cultura ás 21 horas. Ademais, poderemos ver tamén este monólogo os días 8 en Lugo, 9 en Vilagarcía de Arousa e o 11 deste mesmo mes na Estrada. Será a primeira vez que poidamos gozar da súa particular
Sesión golfa nos escenarios galegos.
Para poder asistir a esta representación, as entradas xa están dispoñibles na web www.atrapalo.com (http://www.atrapalo.com/entradas/queque-sesion-golfa-burela_e68245/) a un prezo de 9 euros e a 10 se se
adquiren nas dúas horas anteriores ao inicio do espectáculo na propia Casa da Cultura burelesa.
A este respecto, o responsable de teatro de Culturactiva SCG, Nacho Fungueiriño, remarca que “a pesar de non ser un espectáculo subvencionado”, a dita empresa esfórzase por poder ofrecer un “prezo semellante” ao de outras obras que “si contan co financiamento de entidades públicas”, afirma.
O mellor humor
Co obxectivo de seguir traendo a Galicia os mellores artistas estatais e internacionais” chega Quequé ao noso país, segundo afirma Nacho Fungueiriño. Así, esta xira galega do artista salmantino é a última aposta de Culturactiva SCG, a distribuidora galega líder en teatro cómico e de rúa desde o ano 2000. A esta serie de 4 pases de Sesión Golfa seguirana en 2013 artistas coma Pepe Viyuela ou sempre xeniais Yllana.
Alguén se fixou en que os monologuistas comezan os seus monólogos cunha pregunta ao público? Pois Quequé tamén. Tamén se deu conta, queremos dicir. Desde que o botaron da tele ten moito tempo libre e, por iso, preparou un novo monólogo de humor acompañado polo seu guitarrista habitual e do que poderemos gozar en Galicia nas datas antes referidas.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.