martes, 13 de noviembre de 2012

Jorge Moirón (Spórting Pontenova): “A sorte está a darnos as costas. Perdemos dous encontros no desconto”

Jorge Moirón repasa a actualidade da Pontenova
Jorge Moirón repasa a actualidade da Pontenova
O Spórting Pontenova afronta unha campaña máis o campionato da Segunda Autonómica Norte co obxectivo de non pasar apuros. Logo de acadar a permanencia a pasada tempada no último partido ante o Sacido, os de Dani Moirón pelexan un ano máis por seguir na segunda categoría do fútbol provincial. O atacante gualdinegro Jorge Moirón, irmán do preparador do equipo, analizou para futbollucense.com o comezo do equipo da Mina e a súa visión do que será o campionato.
Como valoras o inicio de temporada do equipo?
O inicio de tempada podía ser moito mellor. Levamos só 8 puntos en 9 partidos, e penso que deberiamos levar como o grupo que está con 11 puntos. Non tivemos moita sorte. Os encontros frente ao Valadouro e ó Santaballes perdémolos no desconto, e a iso temos que sumarlle que dos nove partidos, soamente xogamos como locais tres. As baixas non nos están axudando. Na visita ó campo do Parga tiñamos 7 baixas no equipo, e na reanudación do encontro aprazado contra o Cospeito máis do mesmo. Esperamos ir recuperando os compañeiros lesionados e escalar un pouco na táboa clasificatoria.
Polo momento empatastes 5 dos 9 encontros disputados. De conseguir un par de victorias neses partidos estariades na zona tranquila. Tedes equipo para máis do que demostra a clasificación?
Eu penso que si. Como comentei, dous partidos perdémolos no desconto dos mesmos frente a dous rivais moi fortes como Valadouro e Santaballés. E encontros como Candelaria ou San Ciprián nos que conseguimos sendos empates non tivemos a sorte do noso lado. Se a tivésemos, podiamos ter sumado os 3 puntos. Eu opino que a posición do Sporting Pontenova nesta Liga debera estar entre o séptimo e o undécimo posto, se as lesións merman e podemos contar con todo o plantel.
Como estás vendo a liga? Que equipos dos que viches te sorprenderon?
A Liga estouna vendo dura e competitiva coma tódolos anos, con equipos que defenden moi forte e non dan un partido por perdido. De momento ainda
non xogamos contra os equipos que ocupan a zona alta como Meira, Muimenta ou Iberia. Dos rivais aos que nos enfrontamos o máis forte pareceume o Santaballés, e sorprendeume para ben o San Ciprián, un equipo moi xoven e atrevido. Penso que este ano o Meira pode acadar o ascenso. Ten o mellor plantel dos últimos anos, e ahí arriba estarán peleando con él o Iberia, Santaballés, Muimenta, Riotorto...
O Sacido semella que se comeza a quedar descolgado, pódevos beneficiar iso para xogar con menos presión?
O Sacido parece que está a ter un arranque de Liga complicado. Ainda non nos enfrontamos a eles, pero a pesar da súa situación na clasificación, tódolos resultados son axustados e competidos, polo que me imaxino que está nunha certa progresión e que se o acompaña a sorte pronto se unirá ó grupo que está ahora a pelexar pos afastarse deses postos de descenso.
Que obxectivos vos marcastes ó comezo da tempada?
O noso obxectivo principal sen ningunha dúbida é non pasar apuros, competir ó máximo nivel e que ninguén dos afeccionados que acudan ó campo da Mina se marchen defraudados pola nosa entrega. Temos un plantel xove, que quizáis non o beneficie o noso campo, polas dimensións e polo estado, xa que o mellor xogo desenvolvémolo sempre de visitantes, pero reforzámonos con xogadores como Venancio, que chega dunha categoría superior e está aportando moito o equipo, e a xente xove está a ganar experiencia. Estar na metade da táboa e non pasar apuros sería o noso obxectivo. Do que nos sentimos orgullosos é de que prácticamente a totalidade do plantel é da Pontenova. Todos somos do pobo, e así todo se fai máis fácil. Creo que esa é a esencia destas categorías.
A nivel persoal, como te estás atopando nestes comezos?
A nivel persoal non me estou atopando moi ben. É unha categoría moi dura para os rapaces que vimos de xuvenís e doutras categorías. Un xogo demasiado físico para nós, con campos en mal estado, rivais moi fortes, e a maioría de equipos buscan o xogo físico do cal nós tentamos escapar. Ademais non fixen pretemporada por unha lesión de rodilla e estouno notando cada partido. Espero ir recuperando confianza e mellorando pouco a pouco, e poder aportar ó equipo todo o que espera de min para acadar o seu obxectivo.
Vives unha situación particular, xa que teu irmán é o adestrador do equipo. É máis difícil o día a día do vestiario por iso?
A situación é un tanto atípica, pero intentámolo levar con naturalidade. As cousas que pasan no campo, quedan no campo, fóra del apenas falamos do equipo. A min faime unha gran ilusión estar ás ordes de meu irmán, a pesar de que me esixe máis que ó resto de compañeiros. Iso é bo para o equipo. A nivel adestrador, sorprendeume gratamente e non lle ten nada que envexar ó resto de adestradores que tiven nas categorías inferiores do C.D.Lugo, Residencia, ou demáis equipos. Anímoo a que siga traballando como ata o de agora, que seguro que consegue grandes metas.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.