miércoles, 8 de agosto de 2012

Solicitar Axudas

Aberto o prazo para solicitar as axudas de ata 6.000 euros que concede a Deputación de Lugo para obras de mellora no rural.

Dende hoxe e ata o día 22 de agosto os interesados poderán presentar as solicitudes para optar a estas axudas, dotadas con 300.000 euros do Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes, para melloras en accesos rurais e explotacións gandeiras, acondicionamento de fontes e cercados, puntos de recollida de plásticos ou construción de curros.

Agrupacións de gandeiros e cidadáns ou asociacións veciñais, todas sen ánimo de lucro, poden descargar o formulario e consultar as bases así como a documentación a entregar en www.inludes.org, www.deputacionlugo.org ou na sede do Inludes na Ronda da Muralla, nº140.
A institución provincial asume o 100% dos custes das obras, que deberán estar rematadas antes do 15 de novembro, se ben estas se poderán xustificar ata o día 30 de dito mes.

Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas ó sector primario, con contías de ata 6.000 euros, que a Deputación de Lugo concede a través do Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes. A institución provincial pon en marcha estas subvencións dotadas con 300.000 euros, co obxectivo de potenciar o sector primario na provincia, xa que están enfocadas á execución de melloras en accesos rurais e nas explotacións gandeiras, ó acondicionamento de fontes e cercados de pastizais, á instalación de puntos para a recollida de plásticos ou a construción de curros para o gando, entre outras actuacións.

Dende hoxe e ata o vindeiro día 22 de agosto agrupacións de gandeiros ou de cidadáns e asociacións de veciños, todas sen ánimo de lucro, colectivos ós que están dirixidas estas axudas, poderán atopar as bases cos requisitos das subvencións, a documentación necesaria a entregar así como o formulario, na sede do Inludes, situada na Ronda da Muralla nº140 –Lugo-. Igualmente poderán facelo a través de Internet nas páxinas www.inludes.org ou www.deputacionlugo.org.

Nesta ocasión, a Deputación de Lugo asume o 100% dos custos destes traballos, liberando así de gastos ós gandeiros, colectivo que atravesa por un momento de grandes dificultades económicas, ó tempo que cumple cos obxectivos de combater a sangría demográfico do rural e a elevada taxa de paro, tal e como sinalou o voceiro provincial socialista Manuel Martínez. Hai que destacar que na pasada convocatoria a Deputación achegaba ó 75% dos custes das obras de mellora, mentres que os beneficiarios aportaban o 25% restante.

Os responsables provinciais destacan que a institución axilizará a resolución destas subvencións posto que as obras deberán estar rematadas antes do 15 de novembro, se ben o prazo de xustificación prolongarase ata o 30 de dito mes.
Deputacion de Lugo
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.