lunes, 25 de junio de 2012

O Concello de A Pontenova pode contratar o servizo de grumires dende fai máis dun mes segundo o PP.

Logo das declaracións verquidas hai uns días polo rexedor de A Pontenova o Partido Popular afirma
O Concello de A Pontenova pode contratar o servizo de grumires dende fai máis dun mes
O voceiro popular lembra que o pasado día 10 de maio a Xunta autorizou a este concello da Mariña á contratación anticipada deste servizo

A Pontenova, 19 de xuño de 2012.- As declaracións feitas hai uns días polo rexedor de A Pontenova no tocante a contratación dos grumires poñen de manifiesto a nefasta xestión do señor Darío Campos dende que está na alcaldía.
O voceiro do PP na Pontenova, Jorge García, insta ao alcalde, Darío Campos, a que primeiro se informe e logo fale e senón sabe xestionar o Concello que se vaia e deixe paso a outros.
Estas afirmacións por parte do voceiro popular veñen dadas logo de que o Señor Campos, manifestase hai uns días, que non se podía contratar persoal para o grupo municipal de intervención rápida (grumir) porque supostamente a Xunta non lle confirmou nin a dotación económica para dito servizo nin por canto tempo. O voceiro dos populares non da crédito de que un rexedor poida facer estas declaracións e dar este tipo de argumentos, sin sentido, xa que é evidente que si lle autorizan a contratación anticipada xa sabe que lle van a pagar.
Jorge García lembra ademáis que se este servizo do grumir, composto por 12 efectivos, 9 grumires e 3 capataces, concédeselle a este concello da mariña dende a sús posta en marcha.
O voceiro dos populares na Pontenova insta ao alcalde que se non sabe xestionar o concello que se vaia e deixe paso a outros.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.