domingo, 31 de julio de 2011

O BNG da Pontenova insta ao Concello a limpar o cruce de Santa Apolonia

No úlitmo pleno ordinario celebrado no Concello da Pontenova (Xoves 28 de Xullo), o BNG solicitou ao Goberno Local que se tomaran as medidas oportunas para a limpeza do cruce entre a N640 e a LU124 no lugar de Santa Apolonia debido á falta de visibilidade que existe nese punto e ao conseguinte
perigo que supón para os conductores.

Segundo Mónica Rancaño, voceira do BNG da Pontenova: “é urxente que se tomen estas medidas xa que se trata dun punto no que as árbores e a vexetación das beiras impiden aos conductores ter unha visibilidade suficiente”

Desde o BNG tamén se recalcou a falta de iniciativa e responsabilidade do Concello en temas como este e noutros que afectan de forma directa ao mantemento de instalacións e infraestructuras locais.


Nos vindeiros plenos, o BNG presentará unha moción para o mantemento e mellora de varios puntos do Concello, como por ejemplo a ponte de Salmeán, que se atopa nun estado de total abandono, e que , segundo o grupo nacionalista, “é preciso arranxar por cuestións de uso e de seguridade”.


Clic nas imaxes para amplialas.


Nota de prensa enviada por Mónica Rancaño a pontenova.es@gmail.com
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.