jueves, 27 de enero de 2011

Os exames para as 179 prazas do plan Lugo Emprega serán este xoves


As probas para seleccionar persoal para o plan Lugo Emprega con destino aos municipios mariñáns de menos de 5.000 habitantes serán mañá en Burela, Viveiro e A Pontenova. A través deste programa, a Deputación dará traballo a 179 parados durante seis meses. Por concellos, Foz con 29 postos ofertados, Viveiro con 27 e Burela e Ribadeo, con 20, son os que maior número de contratados terán, mentres que o resto de municipios sitúanse entre os sete de Ourol, O Vicedo, Alfoz, Lourenzá, O Valadouro, Trabada, A Pontenova e Riotorto e os nove de Xove, Cervo, Mondoñedo e Barreiros.
Os exames para acceder a estes postos para os 572 aspirantes dos concellos con menos de 5.000 habitantes están convocados para mañá en Viveiro, Burela e A Pontenova. No polidepotivo Antonio Tarrío de Viveiro examinaranse entre as 10.30 e as 12.00 horas, os aspirantes de Xove, Ourol e O Vicedo, ademais dos de Muras; no pavillón polideportivo dos institutos de Burela de 10.00 a 17.00 horas faranse os exames dos candidatos de Cervo, Alfoz, Lourenzá, O Valadouro e Mondoñedo; e finalmente, no centro de iniciativas turísticas da Pontenova examinaranse os desempregados anotados ao programa de Barreiros, Trabada, A Pontenova e Riotorto.
Os concellos de máis de 5.000 habitantes -Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo- xestionan as probas e convocan pola súa conta os exames, aínda por concretar.

Traballos
Na maior parte dos municipios beneficiados as prazas que se cubrirán son para reforzar departamentos municipais, sobre todo, en tarefas relacionadas coa xardinería, a limpeza de parques e rúas ou para as brigadas de obras.
Algúns concellos, como Foz e Burela, optaron por converter os postos a xornada completa en empregos de medio día, posto que, segundo explicaron os seus alcaldes, esta medida, aínda que suporá que os contratados terán un soldo menor, permite que máis persoas se beneficien.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.