lunes, 19 de julio de 2010

XXVII SUBIDA A CHANTADA


A mala sorte aliouse coa pilota pontenovesa Andrea Díaz nesta nova edición da Subida a Chantada.
Logo de realizar un bo tempo nos adestramentos libres (2´30´´), na primeira manga oficial conseguiu baixar esa marca 9´´ (2´21´´), polo que marchaba de 22 na clasificación xeral, formada nesta ocasión por 85 pilotos e 6 na súa categoría de barquetas. Marchaba primeira na copa de damas, aventaxando a súas rivais en 17´´, polo que parecía que o dominio de Andrea era absoluto nesa categoría. Pero o pouco de tomar a saída da segunda manga, cando máis forte estaba indo, mellorando aínda máis os tempos feitos anteriormente, o antiblocante do cambio da súa barqueta non aguantou e acabou rompendo, motivo que facía que Andrea tivera que abandoar a carreira. Durante un longo período da noite, a súa asistencia, personalizada en Manuel Lodos "Lolo" e no equipo Santa Apolonia, estiveron intentando facer o posible para que a pilota pontenovesa puidera tomar a saída na xornada do domingo, pero finalmente, a imposibilidade de conseguir a peza que rompeu, fixo que os esforzos non serviran para nada e confirmouse o seu abandono para magoa dos afeccionados pontenoveses desprazados para a ocasión.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.