miércoles, 21 de julio de 2010

O BNG de A Pontenova reclama o arranxo urxente da carretera LU-124 que comunica este municipio co de Riotorto

O BNG de A Pontenova vén de denunciar o estado de abandono no que se atopa a carretera LU-124 que une A Pontenova co Concello de Riotorto, e que segundo palabras do responsable municipal, Jorge Gómez “supón un perigo potencial para os conductores en moitos tramos debido á gravilla solta e ao mal estado do firme”. Dende o BNG local faise fincapé na situación de deixadez na que se encontra este vial, sen que a Consellería competente faga nada para o seu arranxo, recordando que o BNG presentou unha enmenda para mellorar a seguridade vial desta carretera por un total de 1.500.000 €, enmenda que foi rexeitada no Parlamento Galego polo Grupo Popular. Por outro lado e facendo referencia ó anuncio da Consellería de Medio Rural sobre a inversión de 109.000 € para o arranxo de viais no Concello, desde o Grupo Nacionalista vese este anuncio “oportunista e insuficiente”, e denúnciase “o precario estado no que se encontran moitas destas carreteras secundarias debido ó desleixo do actual goberno autonómico no seu coidado e mantemento”.
Bloque Nacionalista Galego de A Pontenova
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.