viernes, 11 de junio de 2010

Moirón confía en remontar mañá o 2-0 do encontro da ida en Noia


Os xuvenís da Pontenova foron superiores ao seu rival, a pesar do resultado final
O técnico e o plantel do Sporting Pontenova xuvenil están totalmente convencidos de seren capaces de virar mañá no seu feudo ( A Mina, 18 horas), o resultado negativo que traen do partido de ida da fase de ascenso á Liga Galega da categoría, onde os de Moirón caeron por 2-0 diante do Noia.
O adestrador afirmou que unha vez analizado o encontro de ida, «creo que a eliminatoria é moi remontable, e máis xogando no campo da Mina, onde pode pasar calquera cousa», sentenciou. Moirón precisou que no primeiro encontro da eliminatoria o equipo que dirixe merecera traer un mellor resultado para A Pontenova: «O resultado máis normal o outro día sería unha vitoria nosa, pero o fútbol ás veces é inxusto e eles tiveron moita sorte o pasado sábado». Non obstante, o técnico pontenovés tamén atribuíu o adverso marcador final «ao pouco acerto dos nosos dianteiros», indicou.
Fuente: www.lavozdegalicia.es

A pesar de que o ascenso se lle puxo bastante caro ao equipo da Mina, «xa que un 2-0 é un resultado moi traizoeiro porque se encaixamos un gol teremos que meter catro», Moirón confía cegamente na solidez dos seus xogadores no seu campo e «en que teñamos a sorte que nos faltou o outro día», afirmou.
Ademais, está seguro de que, contará co apoio da súa fiel afección: «Non fai falta dicirlles nada para que nos veña animar, xa que chega con recordar que viaxaron 150 persoas a Noia. É certo que de alí saíron fastidiados, pero tamén esperanzados de que no partido de volta se lle pode dar a volta ao resultado e eu anímoos a que veñan a apoiarnos aínda que faga mal tempo».
Moirón non terá baixas para este choque e ve aos seus rapaces «moi motivados para lograr un ascenso histórico», dixo
.

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.