domingo, 13 de junio de 2010

¡¡¡¡¡GRACIAS!!!!!!

Non puido ser. Non ascendemos. O Sporting gañou 2-1 pero había que remontar un 2-0 en contra.
Centos de afeccionados chegados de toda a provincia soñaron, soñaron moito, e o Sporting perdeu dunha maneira cruel e moi dolorosa. Cando o partido estaba de cara, e o ascenso estaba a un paso, chegou o gol do Noia a 5 minutos para o final. Os de Moirón bordaron o futbol, xogaron quizais o mellor partido do ano, pero por feitos coma este o futbol e o rei de reises do deporte.
Noraboa o Noia, esta en liga galega, o sporting tamen era merecedor desa distinción, pero so un podia acadar o sono.
O mellor equipo da historia futbolistica da Pontenova non decepcionou. Si, e o mellor, moitos pensarán nese equipo que acadou a 3ª división da liga nacional, eu formaba parte dese equipo dende a 2ª rexional, pero non era o mesmo. Neste caso son picaros, rapaces de non mais de 18 anos, da Pontenova e os que hai de fora, é coma se foran de aqui, que se deixaron a vida no campo por esta camiseta e por este pobo.
Sentidevos orgullosos, 1º de vos mesmos, loitastes todo un ano e non defraudastes co voso futbol, e 2º da afición que conseguisteis. Unha hinchada que non vos fallou, que o deu todo, que vos apoiou ata o ultimo suspiro e que nunca vos olvidará.
De vos saiu un equipo irrepetible na Pontenova, porque hai menos rapaces cada vez, porque e dificil xuntar tanta clase nun par de xeneracións seguidas, e porque nos apoiaron os mellores xogadores da rodeada. 
Aqui remata a andanza deste grupo, xa que para o vindeiro ano a maioria dades o salto a categoría absoluta. Alguns seguiredes no sporting, e outros xa tedes ofertas de equipos importantes. 
Gracias a todos pola vosa aportación a este clube, os xogadores da Pontenova, os da casa, os que todos coñecemos, Xoel, Noe, Ayoub, Picota, Arango, Oscar, Anxo, Diego e Seoane., despois a Bruno(Vegadeo), Roxo(Tapia), Antón(Castro), Turbo(Pol), Leivas(Meira), Matelo(Santirso) e a Cristian, Javi e Tontxu(Riotorto). Agora tamen todos vos coñecemos. A Pontenova sempre vos terá as portas abertas e a Mina é a vosa casa. Gracias por xogar no Sporting Pontenova co esforzo que vos supón desplazarvos desde tan lonxe.
Mención aparte se merece o adestrador, Daniel Moirón. So unha palabra para definilo: Traballo. Gracias Moirinho.
Durante toda esta semana a cabeceira de pontenova.es mostrará a vosa foto, e o noso particular homenaxe por facernos disfrutar e emocionarnos tanto durante dous anos consecutivos.

Fdo.: Javier Acebras (Director de pontenova.es)
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.