domingo, 13 de junio de 2010

Camiño de Santiago. Etapa #7 - Dende o 28,500 ata o Monte do Gozo

A moita xente lle pareceu longa esta etapa, e eso que non era a que máis quilómetros tiña! Uns máis que outros, pero todos cansos. Polo menos o peor xa pasou, quedamos a 5 kms da Catedral. Non choveu nin fixo moita calor, que xa é un alivio. O domingo que vén saímos dende a Praza dos Fornos ás 6:15 igual ca hoxe. Hai que se acordar de levar as credenciais e o mapa que nos deron hoxe, xa que se non, non hai Compostelana (anque sempre quedará a opción de ir outro día a selala). Para o que queira ir, a misa será ás 12 do mediodía, pero hai que estar un bo anaco antes para facer cola xa que haberá moita xente.
Nada máis, para ver as fotos pinchade na imaxe.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.