domingo, 24 de enero de 2010

Miguelín demostra o porqué da sua fichaxe. 3-5


O derbi lucense entre o Azkar Lugo B e o Rececende, equipo da localidade de A Pontenova, tiña síntomas previamente de que ía ser un gran choque polo que había en xogo, sobor de todo en termos de clasificación. Pero resultou todo o contrario, un choque falto de ritmo, con poucas ocasións, e que levou o que menos erros cometeu ou o que estivo un pouco máis acertado, e ese foi o Rececende que co 3-5 supera na clasificación ao filial do Azkar.
Azkar
No inicio do partido xa quedaba demostrado que ambos equipos non arriscarían demasiado e ambos intentaban non cometer erros. Ao partido faltáballe intensidade, unha marcha máis, e as ocasións do gol eran poucas. De feito o primeiro acto finalizaría coa mínima vantaxe dos visitantes de 1 gol a 2.

Tra-la continuación pareceu incrementar un pouco o ritmo do xogo, pero seguía sendo un choque espeso e con dous equipos que hoxe non demostraban o xogo de anteriores partidos. O Azkar B deu un síntoma de reacción con dous goles en dúas poutadas en tan só un minuto (3-2). Pero o Rececende empataría ao seguinte minuto. Calquera se podía levar o partido, pero os de A Pontenova pagarían coa mesma moeda aos de Diego Ríos. O peor pesadelo para os transportistas no mediodía de hoxe, Miguelín, que en tan só un minuto, do 33 ao 34, completaba o seu hat-trick con dous goles e puña o partido costa arriba, 3-5. A falta de seis minutos o conxunto pronista buscou a reacción con porteiro-xogador, e a pesar de que o intentou, non atopou ese gol que lle metera de cheo no choque.
VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.