martes, 27 de octubre de 2009

JUVENILES: O SPORTING PONTENOVA NON FOI CAPAZ DE SOBREPOÑERSE AS BAIXAS E CAE 1-0 EN VIVEIRO


O Sporting Pontenova, que chegaba mermado a este partido pola falta de 5 dos seus xogadores, non foi capaz de traer nada positivo da súa visita a Viveiro. Ademáis das baixas, as malas condicións do terreo de xogo, e unha polémica decisión arbitral fixeron que o Sporting non fora capaz de batir o meta rival.

O partido foi de total dominio e control por parte do equipo visitante, que unha e outra vez erraba ocasións, por medio de Tombo, Matelo e Antón. Arredor do minuto 80, na primeira e única ocasión do equipo local, atopáronse cun gol que non mereceron e todo partido.

A insistencia e empuxe do da Pontenova foi continúa ata o remate do encontro, pero unha e outra vez, árbitro e os poucos minutos xogados de tempo real impediron que o Sporting conseguirá algo positivo.

A próxima xornada, as 16:30h recibe o IBERIA C.F. no campo da Mina, onde os locais intentarán volver coller a racha de victorias.

Neste momento, o Sporting sigue lider, empatado a puntos co C.D. Foz pero éste cun partido menos.
--------DANIEL MOIRON--------SPORTING PONTENOVA--------
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.