lunes, 23 de marzo de 2009

Foz 2 - 5 Sporting‏


O futbol fixo xustiza e o Sporting xuvenil está virtualmente clasificado para os postos de promoción a Liga Galega logo de derrotar ó Foz por 2-5. Sen dúbida, o Sporting realizou o seu mellor partido da tempada, un recital de contrataques, de saber estar no campo, de levar o ritmo dun partido e de saber o que se estaban a xogar dende que comezou o partido.Saliuse moi centrado,e xa no minuto 15 ganaba por 0-2 con goles de Tontxu e de Matelo,e cando o partido parecía encarrilado chegaron os dous goles do Foz co que se chegaría ó descanso con empate a 2-2 e cun Sporting coa moral moi baixa logo de desperdiciar unha renta de dous goles a favor.Pero ese era o día de consagrarse e de poñer o broche a unha temporada que sen dubida será inesquicible para moita xente xa que por primeira vez na historia, o Sporting pode chegar a ter un equipo na Liga Galega de fútbol campo, algo inpensable cando se creou o clube.Cun arranque titubeante e moi nervioso,o Foz estivo a piques de poñerse por diante no marcador, pero foi o Pontenova, cun gran gol de Matelo que se colocaba por diante do marcador e quen lle tocaba sufrir para aguantar este resultado.A partir de aquí o partido cambiou totalmente,o Sporting fíxose co control do xogo e do balon, dispoñendo de numerosas ocasións para ampliar o marcador e foi Jorge quen sentenciou o partido con dous goles fruto do gran traballo realizado por todo o equipo e sellaba o marcador difinitivo de 2-5 a favor do Sporting, que nada mais rematar o partido armou unha gran celebración no centro do campo.Dar as gracias, desta vez sí a numerosa aficción que se desplazou a Foz apoyar os pontenoveses, un campo que case rozaba o cheo e cunha igualdade absoluta en numero de afeccionados do Foz e do Sporting que durante os 90 minutos non deixaron de animar os seus equipos,e foi o final do partido cando o público se rendiu o gran futbol desplegado polo equipo visitante.Así, o Sporting queda segunda na tabla con 5 puntos de vantaxe sobre o Foz, a falta de 3 partidos, dous deles na casa contra rivales a priori moi inferiores ó Sporting e donde se espera conseguir matematicamente a clasificación,se todo marcha segundo o previsto, o día 4 de Abril pode ser o gran día,día no que difinitivamente se lle porá o broche de ouro a esta brillante tempada.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.